Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Martes 21.05.2013  | Actualizado 08.39 Hemeroteca web  |  RSS   RSS

Noticia 1 de 1 Opinión | opinion@elcorreogallego.es  |   RSS - Opinión RSS

{flash}

JOAN RIBOT

Mini-vacacións

HAI uns días collín unhas mini-vacacións dunha semana, cambiando o noroeste (nós) polo nordés (Catalunya). Aclimatarse non é fácil, pola calor.

Levar unha maleta pequena no avión ten vantaxes e inconvenientes. Vantaxes: que ao levar a tarxeta de embarque, non tes que facer cola. Desvantaxes: que non podes levar a roupa de deporte porque non cabe.

E se despois rétanche a un partido de tenis, que fas? Pois pides uns calcetíns a túa irmá, un bañador o teu irmán, a raqueta a outro e, ao irmán a quen o día anterior lle regalasche unha camiseta made in Galicia, lle pides que ta deixe estrear. No tocante ás zapatillas, acabei comprando unhas por quince euros; pois facer probas con calzado descoñecido é moi perigoso. Como gañei a mitade dos partidos e as zapatillas quedaron na casa da miña nai para futuras viaxes coa maleta pequena, doullas por amortizadas.

Sempre que chego a Catalunya, nas primeiras horas, o run-run das conversas dos que están lonxe e non consigo escoitar, paréceme que son en galego. Igual que, cando volvo a Galicia, paréceme que son en catalán. Aínda que esta vez os efectos foron máis lonxe, pois a primeira cervexa que me serviron, contestei cun "graciñas". E cando me pareceu que a miña irmá despistábase conducindo, escapoúseme un "Ollo: vixila!".

Cando fun visitar a un amigo a Cabrera, lembramos a vez que entramos nunha pastelaría e o seu pai -que é o padriño da miña irmá- preguntoume que mona de Pascua (pastel) cría que lle gustaría. Como tiña trece anos, escollín a máis grande: un castelo xigante de crocanti de medio metro de altura. Ao chegar a casa con ela e contar a miña proeza, o meu pai -morto de risa- díxome que era un mal educado.

O día que viaxei en tren a Barcelona, recordei o día en que o meu primo caeu á vía e -despois de frear o tren- apareceu indemne, como se nada: sglubs...

O último día que pasei en Sabadell, antes de regresar, volvín merendar torta de Santiago e crema catalana coa miña nai. Na maleta pequena podes deixar de levar a raqueta ou as zapatillas de tenis, pero a torta, nunca!

Licenciado en Dereito

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorreogallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS