Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Lunes 22.12.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión| opinion@elcorreogallego.es  |  RSS - Opinión RSS

SALVADOR GARCÍA-BODAÑO

no pasar dos días

Murallas anticorrupción

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

3.4/5 [5 Voto/s]

2
Comparte en Tuenti

A ATENCIÓN profesional dos medios informativos descúbrenos -cunha frecuencia inquietante que aumenta a súa gravidade- noticias e máis noticias sobre casos presuntamente delituosos producidos en relación con todo un submundo de tramas que controlan a prostitución, a distribución de drogas, a prevaricación, ou outras actuacións condenábeis gravísimas (violencia de xénero, urbanismo salvaxe, etc.) en distintos lugares, fronte aos que se fai preciso intervir con todo o rigor das leis pola súa grave repercusión social. Coñecemos así unha realidade nociva (hai quen gusta vivir de soños), que se foi acentuando dende hai anos e está a dar unha imaxe que en nada nos favorece como membros da Comunidade Europea.

A visión que a fins do ano pasado se nos daba era vergoñenta respecto aos dous grandes partidos, permítaseme a versión: "En España hai un total de 730 asuntos abertos, entre procedementos xudiciais e dilixencias de investigación, contra partidos políticos por casos de corrupción. O PSOE ocupa o primeiro lugar na lista negra, con 264 causas penais contra cargos públicos ou políticos, fronte aos 200 que afectan ao PP, segundo datos que achegou onte o fiscal xeneral do Estado, Cándido Conde Pumpido, na súa comparecencia na Comisión de Justicia do Congreso. Coalición Canaria ten 43 causas abertas contra membros de esta formación, mentres que CiU 30 casos, e o Partido Andalucista, 24. A lista complétase con Izquierda Unida (20 causas), Grupo Independiente Liberal (GIL, 17), Unión Mallorquina (sete), ERC (cinco), BNG (tres), PNV (tres), ANV (un), EA (un) e outras 67 investigacións sobre partidos de ámbito local" (ABC 19.11.09). Tamén, hai un ano, se nos dicía que "analizado o estado da corrupción nas sete comunidades escenario dos casos máis soados: do urbanismo salvaxe (e prevaricador) en Murcia e Valencia ao cobro de subornos en Baleares, Galicia e Andalucía; do caso Telde en Canarias ao Gürtel en Madrid. En total, polo menos 123 cargos públicos -en España hai decenas de miles- foron imputados, e a inmensa maioría segue á espera de sentenza. Os casos arquivados, como o do alcalde socialista de Elche ou o do presidente valenciano Francisco Camps, non se inclúen neste cómputo (tampouco os de non corrupción). A comunidade con máis imputados é Baleares; e Andalucía a única na que hai máis do PSOE que do PP (EL PAIS 7.9.09). Sería interesante saber, logo deste Nadal, como está a situación.

En Galicia, hai que lamentar o que anda a ocorrer, sobre todo, en Lugo. A cidadanía luguesa, a veciñanza da histórica urbe murada alzada nas orixes da Gallaeciae, con todo o respaldo legal e o firme apoio de todos, con urxencia e contundencia, cumpriría que erguera outra rexa muralla xusticeira contra a corrupción e a prevaricación que, nestes últimos tempos, tanto ben preocupando á poboación e suponse que tamén ás autoridades que, en todo intre, han velar polo cumprimento das leis. Mais o cumprimento dilixente das leis está, nisto, deixando moito que desexar en Lucus Augusti. Corruptio optima pesima.

Da Real Academia Galega

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS