Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Domingo 07.02.2010      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión| opinion@elcorreogallego.es  |  RSS - Opinión RSS

HELENA VILLAR JANEIRO ESCRITORA

notas de actualidade

No centenario de Laxeiro

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

2.9/5 [21 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti

Xa escribín nunha ocasión que Laxeiro é un poeta da terra porque renuncia ao nome imposto para tomar o que lle ofreceron as laxas afloradas do chan. E que xa era poeta da terra cando andaba de pastor ou exercía outro dos seus oficios antes de se entregar de cheo ás formas e ás colores, feito que comezou na Habana, onde foi un dos emigrantes que traballaba no que podía exercendo de paso unha actividade cultural para desenvolverse. Foi daquela cando tomou as primeiras clases de debuxo, descubriu e admirou a Corredoira e Zuloaga en senllas exposicións, e fixo os primeiros traballos de arte.

O poeta da terra, nado en Donramiro un 23 de febreiro haberá cen anos o próximo sábado, volveu á terra lalinense e tanto era da terra que pinta coas colores da terra, recrea as formas sinuosas ou crebadas da terra, mostra a densidade e a forza da terra e inmortaliza os costumes nacidos nesta terra encarnándoos en homes e mulleres que son herdanza da terra.

Rente á terra, Laxeiro percibe caras de mil anos e, invitado polo voo das aguias que trazan nas alturas as complicadas formas da realidade oculta, descríbenos os soños. Antigo e rexo como a terra, faise lixeiro coma ela cando quera agromar en xeira nova. Fabula como o vento, versifica como a chuvia, quéntanos os ollos co lentor farturento do outono e tráenos as esperanzas primaverais.

Nesta magnitude telúrica que lle outorga a amizade da terra, fusiona o grande co pequeno, o claro co escuro, o mesto co sutil, a mancha co trazo. Manexa a sintaxe das vellas formas e fai poética dos contornos fundidos, dos espazos espidos ou recheos poetizando a un tempo o individual e o colectivo, o mundo e o trasmundo, o bonito e o feo, o real e o imaxinado.

Acende a color dos solpores e cabalga polos mitos da terra como un poldro indomable que nos incita á viaxe máis fecunda. Amante dos luceiros e das lúas, Laxeiro poetiza xirando un calidoscopio que lle ensinaron a manexar esas fadas que repasan as follas do libro dos menceres. E anda levián, igual que o tempo, polas vellas xeografías rozando esa sacra poesía icónica do medievo que nos conduce aos inicios dunha arte que aínda queda por chegar aos nosos ollos.

Laxeiro fai cen anos. E no interior do Laxeiro dos cen anos estivo, e estará sempre, o mundo máis real e o máis simbólico dos nosos mundos.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS