Lunes 22.12.2008
Hemeroteca web
|
RSS

Agora as cousas van mal dende o punto de vista da economía. E doutros. Unha evidencia. Antes do 2008 parece que ían ben (supoño que a economía e outras cosas). ¿Acórdanse de como era todo antes de tan fatídica data? ¿ Que acontecía naqueles tempos de bonanza, de riqueza, de expansión e crecemento, case idílicos en comparanza co que agora ocorre ? Convén facer memoria, non hai tanto do suceso, porque podemos estar caendo en confusión. Que eu lembre, non fai falla unha precisión científica, naqueles tempos non cobraban os mozos licenciados salarios de 4.000 euros ó mes. Nin contaban cun contrato laboral blindado polo que despedilos supuxese o quebranto dunha empresa. A maioría dos asalariados andaban, se non perdemos todos o siso, máis cerca dos 1.500 ca dos 2000 euros mensuais, cando non dos 900 ca dos 1000. Certo que había créditos sen dificultade, pero para que as parellas, xuntando os seus dous salarios, deixasen máis da metade das cantidades sumadas nos intereses e amortizacións que os bancos recollían relixiosamente cada primeiro de mes. Tamén é verdade que cos créditos se mercaban coches e electrodomésticos, mobles e vacacións, imprimindo os contratados excesiva alegría a súa párvula economía, porque os soldos eran tan xustiños que a penas daban para pagar a correa coa que nos prendían os bancos, e, que eu lembre, repito, despedir a un obreiro nunca foi empeño imposible.
Convén recordar estas evidencias, porque oíndo falar a algúns dá a impresión de que antes do 2008 os obreiros, mozos e asalariados cobraban uns soldos tan desproporcionados que arruinaron o sistema. Como se a riqueza creada naquel tempo se repartise de tal maneira xenerosa que a maior parte da clase mal chamada media fose a culpable da podremia do sistema, ó non permitir que os beneficios se investisen en investigación e renovación tecnolóxica. Que se saiba, os que sacaron talladas escandalosas e enredaron cos beneficios en fogos de artificio foron outros, eses que por norma desprezan a intromisión do Estado na economía e que en canto estiveron a piques de fundir a máquina pediron sen a máis mínima vergonza que os Estado os axudase. Os mesmos que agora levan caladiños cama petos, parece que non vai con eles.. A base de repetir frases e slogans a poboación acaba admitindo como verdade o que nunca foi tal. Agora escoitase por todas partes unha ladaíña que acabará facendo efecto: ó parecer a causa primeira de tódolos males é o inflexible, custoso, anquilosado e anacrónico contrato laboral que posuímos neste país. Non direi eu que non haxa que modificalo, se por iso é poñamos o Estatuto dos traballadores patas arriba. ¿E xa está, máis nada?

Vómitos en el casco viejo santiagués
Fuente que no mana en Compostela
El río Sarela recibe vertidos blancos
Un cajero compostelano pintarrajeado