Lunes 22.03.2010  | Actualizado 11.43      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
El Correo Gallego
Google
[Noticia 1 de 1] Opinión| opinion@elcorreogallego.es  |  RSS - Opinión RSS

LUÍS GONZÁLEZ TOSAR ESCRITOR

extramuros

A patria anterior

15.01.2008

3.1/5 [16 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Pablo Neruda, un dos tres ou catro meirandes poetas en lingua castelá do século XX, inclúe na súa opera omnia, no Canto General -libro "nacido de la ira", dixo-, a composición titulada A González Carbalho en el Río de la Plata. Ao primeiro que lle oín falar de José González Carbalho foi a Blanco-Amor, que o definía como un notable escritor fillo de emigrantes e moi galeguista, digno de figurar a carón de Leopoldo Lugones, Alfonsina Storni, Pedro Miguel Obligado e do seu grande colega Francisco Luis Bernárdez, tamén fillo de galegos. Precisamente con este publicou Discurso encol da lingua galega, libriño das Ediciones Galicia que eu merquei, con trece anos, na librería do Centro Galego de Bos Aires e que devorei no colectivo con paixón, durante o traxecto de volta.

Sobre González Carbalho existe un interesante artigo de Antonio Requeni publicado no Boletín Galego de Literatura, que dirixe o meu profesor Anxo Tarrío. Máis que aínda, non resulta doado mergullarse na vida e na obra dun porteño que naceu en 1899, orfo de nai e criado por unha galega que servía na casa e que el describe, tempo despois, "como una extraordinaria narradora de historias y leyendas que después encontré en los libros". Xunto co amor e a tenrura da coidadora o rapaz recibe, de maus do pai, un libro que o transportará á maxia da poesía, á profundidade da palabra: Follas Novas de Rosalía de Castro.

González Carbalho, amigo de García Lorca, admirado por Neruda, forma parte da xeración nucleada arredor da revista Martín Fierro, á que pertencen Borges e Bioy Casares, a máis significativa da literatura arxentina. Pepe el gayego, como era coñecido, desenvolveu un interesante labor xornalístico. Boa proba é a súa viaxe a Galicia, en 1955, da que deixou as crónicas Temas de la patria anterior. Volveremos sobre González Carbalho, falecido no 58, aquel que tiña alma galega.

luisgtosar@mundo-r.com

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Chuza esta noticia Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

enviar

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS