Viernes 19.03.2010  | Actualizado 00.00      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
El Correo Gallego
Google
[Noticia 1 de 1] Opinión| opinion@elcorreogallego.es  |  RSS - Opinión RSS

ALFREDO CONDE

OUTROS DÍAS

Permanente diálogo de culturas

22.02.2008

3.2/5 [14 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Levo xa cáseque un día enteiro n'A Habana e, non sei por qué, prefiro seguir falándolles do de Roma. Falándolles da celebración do Ano do Diálogo Intercultural. Despois xa lles falarei desto, días haberá pra elo. Mentres convén ir deixando apousar a cousa, de xeito que o que acabe por escribir non me sorprenda a mín mesmo; algo que me sucede moito máis a miúdo do esperado, non vaian vostedes pensar.

O de Roma estívolles certamente ben. Penso que as culturas dialogan entre si de xeito permanente, máis constante nunhas oportunidades, máis variable noutras, según coma funguen os ventos da historia. Da historia, desa gran pendona que sempre nos engana. Mesmo cando a veces, ese seu vento cabrón, cabrón coma ela, pois non quero crer moito no verso do CEF, aquel que di "?pero máis cabrón o pobo que che aguanta", ese vento, dicía, non funga. Entón hai calma chicha; un estado de boa saúde que haberá que consideirar transitorio pois non presaxia nada bo. Ó millor é desas cando hai que entender o do noso ronco son. Son os tempos dos bos e xenerosos, dos féridos e duros, imbéciles e escuros? e por aí seguido. Qué tempos!

Quén é algo máis complicado que dialoguen entre si son as civilizacións. Por iso permítanme unha precisión terminolóxica que non ha ir a ningures, madia leva: o chamado diálogo das civilizacións, por certo tan necesario, debera denominarse das culturas. Creríamolo máis doado e mesmo nos cundiría máis, digo eu. Dicíalles, en todo caso, que as culturas dialogan sempre entre si. Trátase dun proceso de mutúa fecundación que, non é mintira, ás veces conclúe en partos políticamente distócicos, en abortos ou en etnicidos, que tal e así é o curso da vida.

Fixémonos en nós, xentes afeitas a fervelo todo que, gracias ós regresados da Pampa, enchemos o país de churrasquerías e gracias ós egresados da nosa propia terra enchemos o mundo de lacón con grelos ou de empanada de bonito. Non mo tomén a mal, non estou a falar barato. Trátase do mesmo proceso polo que utilizamos a gheada en inconscente memoria colectiva dos cadistas, daqueles nosos mariñeiros que ían servir a El-Rei a Cádiz e regresaban recortando castellano por ver de reproducir unha fonética que lles resultaba exótica ou fina, aquelada e cabal á súa condición de retornados, e, xa ven, o seu afán acabou por ser consideirado un signo identitario máis e acaso aínda máis enxebre, máis castizo ou máis abertzale (como queiran) que moitos outros máis de nós.

As culturas dialogan, vaia se dialogan, nesa koiné continua na que se afanan e nos levan. Quen non dialogan son os homes cando convirten unha idea nun sentemento, nun credo, nunha cuestión de fe. Entón aparecen as castas sacerdotais que falan en nome das divinidades patrias, dos manes e dos lares, dos diferentes deuses feitos a imaxe e semellanza dela. Aí é Troia.

ac@alfredoconde.com

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Chuza esta noticia Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

enviar

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS