Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Lunes 22.12.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión| opinion@elcorreogallego.es  |  RSS - Opinión RSS

JAIME GÓMEZ MÁRQUEZ

{ tribuna }

Plan Galego de Investigación e proxeria

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

4.3/5 [19 Voto/s]

1
Comparte en Tuenti

OS GOBERNOS teñen o dereito a desenvolver políticas tendentes a mellorar a sociedade. É normal, non digo que lóxico, que os que chegan ao poder desfagan o feito polo goberno anterior, aínda que puidese ser un acerto. No entanto, hai determinados temas que non deberían ser subxecto da deriva electoral. Refírome á política de investigación pero diría o mesmo da educación ou da sanidade.

O actual goberno da Xunta de Galicia creo que non acerta co seu Plan de Investigación, Innovación e Crecemento. Os principios xerais que orientan este novo Plan non dubido que sexan benintencionados pero dende a miña visión son fondamente erróneos.

Na introdución deste novo Plan, o Conselleiro da materia (o de Economía e Industria) afirma que "Galicia afronta no próximo quinquenio un reto fundamental para o seu futuro: desenvolver un ¡ecosistema! (as exclamacións son miñas) de investigación e innovación suficientemente eficiente como para situar a economía galega en posición de competir nunha contorna global". E o presidente, na súa presentación, fixo fincapé na relevancia das empresas e da colaboración con elas na captación dos recursos públicos e falou de "eficiencia e cooperación" como unhas das chaves deste Plan. E mesmo o director xeral de I+D+i referiuse a "enfocar a investigación universitaria ao negocio". Incrible pero certo.

A investigación financiada con recursos públicos non debería contemplarse como un negocio senón como un investimento, e moito menos na universidade, onde se investiga en temas de moi diferente natureza, non sempre rendibles en termos económicos, e ademais se forman aos futuros investigadores e emprendedores. E isto non ten prezo. A política de investigación tampouco debe ser a pedra sobre a que pivote a economía senón o eixe fundamental no avance do coñecemento, e dese progreso poderán derivarse aplicacións positivas para o tecido empresarial ou para a curación das enfermidades, entre outras. A eficiencia da investigación non debería medirse por parámetros mercantilistas e, por suposto, que a cooperación moitas veces é boa pero non poder ser unha condición necesaria para obter financiamento. O importante son os obxectivos e a capacidade para obter resultados, teóricos ou prácticos, e iso o pode facer un investigador, dous ou douscentos. Semella que con este Plan a gran prexudicada vai ser a investigación básica porque non produce resultados aplicables inmediatos ao desenvolvemento económico.

A proxeria é unha enfermidade moi grave que acelera o envellecemento ata tal punto que os nenos con menos de dez anos parecen vellos. Neste momento é unha doenza xenética incurable. Pois ben, nun artigo publicado na revista Nature, un grupo de investigadores liderados por Juan Carlos Ipsizúa conseguiron rexuvenecer células de nenos que sofren esta patoloxía abrindo a posibilidade de poder curarla. Este é un marabilloso exemplo de cómo a investigación básica pode servir non so para o progreso do coñecemento -entender a proxeria a nivel molecular e polo tanto o proceso de envellecemento- senón tamen para chegar a curar unha enfermidade. ¿Cal é o valor económico deste descubrimento que ademais non ten unha tradución inmediata na actividade empresarial?

Despois desta pequena dose de demagoxia necesaria, quero pedirlles aos que nos gobernan que non midan a investigación en termos económicos nin dirixan, pola vía do financiamento, no que se debe investigar. O apoio as empresas, que entendo deben investir parte dos seus beneficios na innovación, ten que ser singularizado, e ten que selo para resolver temas concretos, buscando e/ou contratando aos mellores especialistas, en Galicia ou no mundo. Pero para facer todo iso, primeiro hai que definir cal é a aposta estratéxica de Galicia en termos de innovación aplicada desenvolvemento económico. Podo estar equivocado pero é o que penso.

Ex decano de Bioloxía da USC

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS