Sábado 20.03.2010
| Actualizado 00.50
Hemeroteca web
|
RSS
A clasificación que anualmente establece a revista Forbes, antósalleme algo así como a "la-palabrita-de-El-Niño-Jesús". Tan é así que crer nela preséntaseme casi coma unha cuestión de fe. Nunca a vin diante. Tampouco non manifesto o menor desexo de ter un exemplar dela ó acado dos meus ollos pecadores. As cousas de fe é moito millor mantelas a distancia. Cando as tocas, desacralizaas, perden encanto, adquiren as dimensiósn do humano e alá se lles vai o misterio todo cas envolvía.
Todo isto que lles digo é tan así que, pra admitir as verdades que proclama a revista Forbes sempre me teño que valer de intermediarios e me fiar das reseñas dos xornais. Ou dos comentarios feitos polos entendidos na materia nas revistas e foros pertinentes.
Os entendidos nesta nova materia de Bretaña veñen sendo algo así coma os especialistas na teoloxía da globalización, os teólogos do vil metal ou os aruspices da cousa, xa saben, aqueles sacerdotes que se entretiñan en remexer e esculcar os bandullo dos paxaros a fin de facer predicións e tirar consecuencias.
En resume que, se non son iso (e poden non selo) son alquimistas enleados na buca do cantazo filosofal que nos deixe máis KO do que xa o estamos. Bruxos na busca das aleacións máis envolventes e alienantes. Ese e non outro adoita ser o oficio dos sicofantes destas cousas, aínda que non me estea ben que o diga. Xa saben, sicofantes? denunciadores dos exportadores de figos ou simplemente calumniadores de onde acaso se desprenda a firmación aquela de que, tal cousa, me importa un figo. En fin, que empezo a desvarío; así que cambio.
En todo caso sospeito que a clasificación estea dirixida máis pró común dos mortais que prós propios interesados. De non ser así, imaxínome o inorme sofocón que debe estar a padecer Amancio Ortega. Pasou de ser o terceiro na clasificación dos máis ricos de Europa do ano pasado a ser o undécimo da deste ano. Non creo que o dea superado. Eu estaría preocupadísmo, abatido por completo, convertida a miña alma sensible e delicada nuns farrapos forbesiáns e padecendo unha denteira insoportable cada vez que escoitara o nome de Ingvar Kamprad, o sueco ese, dono dun apelido que anima tanto á compra e ben que lle vai ó tío.
Non sei se acabar propondo un acto de desagravio ou unha manifestación de soliedariede con Amancio Ortega có obxecto de que os analistas forbesiáns se aten ben os machos antes de volver emitir xuicio. Como se lles vaia a man un pouco máis, igual van e pró ano que ven o deixan deixan na miseria, no posto vinte ou así, coitado.
ac@alfredoconde.com
Coches en las aceras de Teo
Una verja rota y peligrosa
Nevera enchufada a xestas
Basura acumulada en Arzúa