Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Lunes 22.12.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión| opinion@elcorreogallego.es  |  RSS - Opinión RSS

HELENA VILLAR JANEIRO

notas de actualidade

Procrastinación

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

1.8/5 [11 Voto/s]

3
Comparte en Tuenti

ANQUE non muden as cousas, xorden neoloxismos que nos intentan desorientar. O vocablo de moda deste verán é procrastinación, aínda que o estío foi toda a vida procrastinante. Nada doado de pronunciar, adoita comérselle o segundo r como unha tapa cun vaso. Pola súa forma parece designar unha perversión, pero analizando o seu contido é dunha vulgaridade pasmosa. Está pragado de sinónimos: mangancia, vagancia, farona, galbana, preguiza, nugalla, desidia... A procrastinación non é máis que a tendencia a retardar o momento de facer o que se ten que facer, unha especie abreviada dese dito tan de noso "xa se fará".

Para os psicólogos e pedagogos é unha alteración da conduta, non me atrevo eu a chamarlle enfermidade, que preócupalles moito. Para os organizadores do tempo e promotores da produtividade, chega a ser arte, pero nociva, porque a mente procrastinadora incluso se especializa en elaborar teorías e razoamentos sofisticados para xustificar o aprazamento das decisións de actuar no momento preciso para que a empresa rinda todo o que ten que render e, utilizando outro dito moi galego, "vaia por riba".

Eu creo que é todo máis sinxelo pero, se hai que acomodarse á palabra e aos seus derivados, outórgolle o título de Procrastinador Maior do Reino de Galicia a título póstumo ao meu paisano Paco Lombardía. Librado do servizo militar -circunstancia decisoria na oportunidade do casamento masculino de antano-, aprazou indefinidamente o seu casoiro, iso que moza tiña, ata morrer ceibe entrado en anos. "Aínda non volvín do servizo, ¿non comprendes?".

Podemos levar o neoloxismo ao mundo da xubilación. Hai quen deixa o traballo anticipadamente para ser procrastinador en toda regra, do mesmo xeito que tamén hai quen recomeza cunha frenética actividade que cobre todo o día e se resiste de vez a ser procrastinador.

Entrementres, imos pasando a vida con algún que outro que nos toca cerca e para o que sempre teremos unha queixa. E tamén con antiprocrastinadores que se anticipan sen descanso ás obrigas e nos crean moi mala conciencia. Polo medio quedan as persoas que tratan de cumprir o mellor que poden co seu deber, que se erguen ao toque do espertador, que nin sequera teñen o vicio de fumar para abandonar o asento da oficina e que se deitan á súa hora. Con ou sen palabra nova, a vida segue é a mesma.

Escritora

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS