Martes 17.06.2008
Hemeroteca web
|
RSS
O rapaz mexicano que pegou as súas manciñas ao cabeceiro da cama, fixo o que todos os adultos soñamos facer algunha vez. Ese neno espertou un día coa necesidade de deixar que a súa parte do traballo no cole a fixera outro, de non aturar o mestre, e de quedar tapado e durmindo todo o día esquecéndose das que el percibe como gravísimas preocupacións. Atopou unha escusa que só un neno pode atopar. Nada de facerse o enfermo, nin de botarlle a culpa ao tráfico, como faría calquera adulto. Simplificou o mundo nun segundo, colleu un bote de superglue, e alí se autopegou ao cabeceiro. Deixou que os demais pensaran por el mentres alongaba a soneca que botamos xusto despois de que soe por primeira vez o espertador.
Quen fora neno para facer o que a un lle dá a gana cando quere. E mandar os xefes e os amigos pesados a fritir espárragos porque, simplemente, quedamos pegados á cama. Problema: o final da historia real non é nada esperanzador, xa que entre as forzas sanitarias e de seguridade que no cuarto de Panchito se concentraron, conseguiron que o meu heroe fora a escola ese día, nesa mesma mañá. Pero non me digan que ese espírito non esperta envexas ademais de sorpresas.

¿Deixádeme ser libre? Sí, pero...
Mensaje a los cabestros: "Así, no"
Pintada ‘sobre mojado’ en Compostela
Ensucian la imagen de un lugar turístico