Lunes 22.12.2008
Hemeroteca web
|
RSS

Unha vez preguntóume Alfonso Guerra se ó escribir Memoria de Noa tivera presente a figura de Rosalía de Castro. A verdade é que nunca se me ocorrira tamaño paralelismo e relación que, cando menos na apariencia máis inmediata, poidera resultar evidente. Logo, cismando, cheguei a pensar se dun xeito inconscente a quen tivera eu presente na miña caixa das memorias fora a un coñecido alcipreste do Lérez de feliz recordo, tanto pola súa xenerosidade como pola súa prolífica prodigalidade; tanta que aforro o seu nome en consideiración a non poucos dos seus vástagos aínda vivos. Sendo neno, coñecino e teño del inmellorable recordo, conste.
Agora, mentres lles escribo, estou escoitando música de violino interpretada por Manuel Quiroga e preguntándome se cando escribín Los otros días non sería a súa a figura a que eu inconscentemente consideiraba no canto de escribir esa novela. A historia dun director de orquestra que, afectado do mal de Parkinson, ten que deixar a música.
Recordo a Manuel Quiroga paseando pola Pontevedra da miña nenez, a súa temblorosa man batendo no aire, a súa ollada triste, a súa expresión hierática, as bocas das vellas beatas axudicándonlle a súa doenza á vida disipada que, según elas, vivira polo mundo adiante.
É incrible e triste que estas cousas sexan certas. Un violinista de renome mundial, un accidente desgraciado e, deseguido, unhas linguas viperinas veña a sachar, na miseria das súas propias vidas, pra sepultar nas súas propias excrecencias morais a groria de que non souberon facer propio e quixeron sempre lonxano e alleo.
Non só non somos quen de ensalzar os nosos propios valores, xa non digo de "vendelos", de promocionalos no exterior, senón que a nosa especialidade maior consiste en esmagalos entre nós. Quizais non debera escribir isto no momento de escoitar a música interpretada por Quiroga e máis por Marta Leman, a súa esposa, acompañándoo ó piano, nunha gravación feita gracias ó esforzo de varias institucións, entre elas o propio concello de Pontevedra. Pero é así.
A pregunta é qué pasará no Groba, con Zumalave e con tantos outros que nós mesmos nos ocupamos de agachar ós ollos do mundo, non vaia ser que se saiba deles. Estaría bo, coñecéndos como os coñecemos dende que eran así?

Vómitos en el casco viejo santiagués
Fuente que no mana en Compostela
El río Sarela recibe vertidos blancos
Un cajero compostelano pintarrajeado