Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Lunes 22.12.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión| opinion@elcorreogallego.es  |  RSS - Opinión RSS

ANTONIO CENDÁN FRAGA

a ventá

Respecto político

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

2.0/5 [21 Voto/s]

16
Comparte en Tuenti

APROXÍMASE un momento crucial nesta etapa política como é a aprobación dos orzamentos xerais do Estado. As circunstancias que concorren non son moi diferentes ás doutras ocasións. O Goberno necesita de apoios para sacalos adiante e disponse a negociar co PNV, coma noutrora fixera con CiU e outras formacións de ámbito autonómico. O resultado tamén será o de case sempre, é dicir tanto Euskadi coma Cataluña van saír airosas desta negociación. É certo que se alternan os triunfos duns e outros pero a vitoria sempre recae do mesmo lado da balanza. A Galicia, coma sempre, quedaranlle algunhas migallas o que amosara de novo o escaso peso político desta terra no contexto do Estado.

Pero a diferenza de ocorreu noutras ocasións, esta oportunidade debería servir para a reflexión de todos, tanto do Executivo galego coma a da oposición. Nos case 30 anos de autonomía, o país galego non só non tivo peso político xa que rara vez foi respectado coma merece. O respecto político non é innato, hai que gañalo ao longo dos anos e iso foi precisamente o que non fixo a clase dirixente galega nun período a todas luces máis que suficiente para situar a Galicia no lugar que lle corresponde dentro do contexto estatal.

Porén, esta situación, que non é novidosa, remóntase aos primeiros tempos do Estatuto. Daquela, os dous grandes partidos galegos da época, UCD e AP, foron os primeiros en darlle ás costas á autonomía, ata chegar o punto do seu desprestixio, mentres noutras comunidades, e non só Cataluña e o País Vasco, senón tamén Andalucía, centrándose coas institucións nacidas ao abeiro do novo sistema político, mentres en Galicia utilizábase ese novo marco á máis vella usanza das antigas Deputacións provinciais, cando non de xeito folclórico.

Pasaron os anos, e este país seguiu a ser un dos grandes primos do Estado. A expresións do tipo "Goberno amigo" ou "un presidente do Goberno galego é mellor" nos remitimos. Ambas foron algunhas das que ocasionaron as gargalladas de moitos dos nosos conveciños. Mentres eles sacaban tallada e eran respectados, Galicia era só o cachondeo das clases dirixentes estatais. Por iso, consideramos que agora, en época de crise porque é precisamente cando máis se necesita, que a clase política galega debe facer unha reflexión en profundidade. Agora xa non valen de nada as chamadas a vellos tópicos que xa deberían estar superados. O que precisamos é que Galicia comece a gañar ese respecto, e non afecto, do que nunca gozou, que é cuestión de todos.

Periodista

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS