Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Lunes 22.12.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión| opinion@elcorreogallego.es  |  RSS - Opinión RSS

SALVADOR GARCÍA-BODAÑO

{ no pasar dos días }

Revivindo a V. Paz-Andrade

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

5.0/5 [1 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti

DE IMPORTANTE contribución para un fundamental e directo coñecemento da vida e da obra plural de Valentín Paz-Andrade (figura sobranceira na historia do noso país e á que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas) debe considerarse o volume titulado Valentín Paz-Andrade, a memoria do século XX, publicado ao xeito dunha longa, entretida e interesantísima entrevista, presentado en Compostela esta pasada semana polo seu autor o escritor e editor Tucho Calvo, que hai xa anos tiña iniciado precisamente o exercicio da súa profesión xornalística neste diario. O acto comezou cunha amena intervención preliminar orientadora a cargo do escritor e catedrático de Historia Contemporánea da USC Xavier Castro, quen salientou a importancia do personaxe, a idoneidade do entrevistador e o bo clima de entrambos cara a facilitar o fluxo do relato. Estableceuse así unha certa empatía na que o entrevistador resultou un lúcido intermediario entre o "eu" do entrevistado e os "outros" aos que se estaba a destinar a narración autobiográfica. Tamén remarcou a precisión do amplo e matizado cuestionario. Ben estruturado. Cun texto con anotacións moi ben ensarillado, engarzado de tanto en tanto ou introducindo capítulos do retablo vital. Detívose finalmente na cronoloxía e na valiosa utilidade do extenso índice onomástico (case un milleiro de nomes) que preceden a un eloxiábel índice xeral da obra.

O autor cóntanos dunha lonxana primeira conversa con Valentín Paz-Andrade, nunha tarde de 1982, plasmada nos días seguintes nun feixiño de folios que sometín á súa consideración. E alí naceu este libro. A palabra de Tucho Calvo andou a percorrer dende o inicial proxecto de libros-entrevista da editorial SEPT que lle encomendara a figura de Paz-Andrade e que non chegou a publicarse. Valentín Paz-Andrade interrompeu as súas memorias –segue a nos dicir o autor– para rematar Castelao na luz e na sombra. Esta actual é unha nova edición corrixida e acrecentada. Unha obra amena –subliña– como un libro de aventuras, na que falan O Avogado, O Periodista (Crónicas desde Marrocos; o creador do xornal Galicia...), O Político (1919 II Asamblea Nazonalista; Candidato Cortes Constituíntes, tras Castelao, en 1931; Fundación Partido Galeguista, 1931; 1º Estatuto; Representante de Galicia na Comisión dos Dez; Senador por Pontevedra nas Cortes Constituíntes). E ademais, inspirado poeta, ensaísta, polígrafo (sobre Castelao, Valle, Guimaraes Rosa) e viaxeiro incansable (Relación cos exiliados galegos e españois. Contactos con grandes dignitarios, ministros e grandes especialistas mundiais da pesca).

Tucho Calvo remata afirmando que é a gran aventura vital dun home tenaz e traballador que parece marcado polo destino para superar dificultades que, cada unha de por si, rematarían con calquera. Desde a súa morte, ou xa antes, cae no esquecemento oficial. Esta é a ocasión para recuperar a súa figura e estudar a súa obra, da que hai moito que dicir. Un renacer que ben puideran anunciar os primeiros versos do libro Cen chaves de sombra. E así deu cabo ás súas palabras.

Da Real Academia Galega

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS