Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Lunes 22.12.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión| opinion@elcorreogallego.es  |  RSS - Opinión RSS

ALFREDO CONDE

os outros días

Saudemos a chegada dun creador

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

2.1/5 [30 Voto/s]

8
Comparte en Tuenti

É curioso o guirigai formado arredor da elección do novo presidente da RAG, en virtude da súa moi extremada posición política; radical de esquerdas, según uns; de extrema ou de ultra esquerda, según outros e candidato, cando non a alcaldía de Vigo sí á presidencia do goberno galego, sempre a proposta de formacións políticas das que se diría que, a concepción pacífica da existencia, se lle antolle pouco menos ca un vicio burgués e algo atravesado. É curioso.

Hai anos, algúns dos hoxe críticos co feito de que a presidencia da RAG veña de ser ocupada por tan sinalado político, o foron (e é de desexar que o sigan sendo) coa circunstancia de que nos paises consideirados revolucionarios houbera que estudar marxismo-leninismo pra poder cursar mediciña, por exemplo, e logo adicarse ó exercicio de profisión tan antiga coma o home. Pra qué necesitarán ter coñecementos de materialismo dialéctico e histórico, chegada hora de extirpar unhas amigdalas, se preguntaban non exentos de razón.

A este respecto quérese dicir e recordar que sí, que é certo que un médico non necesita do marxismo-leninismo, nin da formación do espírito nacional ou da formación relixiosa, proporcionada pola correspondente e preceptiva asignatura, recordado tamén sexa, pero que ó mesmo tempo non é mintira que houbo, hai e haberá, excelentes médicos de apaixoada e solvente formación relixiosa, de acreditado fervor marxista-leninista ou adictos ós máis curiosos e solprendentes sistemas de ideas que un se poidera imaxinar. Chegada a hora de operar o que teñen que ter é pulso firme, man serena e conciencia estricta do que teñen entre as mans. Despois que se vaian pegar berros a Riazor ou Balaidos se é que a ben o teñen. Pois o mesmo coa presidencia da RAG. Xúzguese ó novo presidente polo desempeño da súa responsabilidade académica e déiselle manter a postura político-ideolóxica que a ben teña que xa os electores opinarán ó respecto. De momento a presidencia da RAG non a ostenta un destacado político, senón un sinalado escritor e, en puridade, ese é o feito que hai que salientar. Un creador, non un historiador, non un comilador ou un ensaista é quen ocupa o sillón máis importante da Real Academia Galega. Se en tempos se pideu que se xuzgase ó presidente da RAG por cómo desempeñaba o seu cargo e non pola súa condición de delegado do goberno, hoxe deberemos facer o mesmo. Se daquela houbo contradicións e sinalaronse, xa se sinalarán, agora, cando se produzan. En tanto saudemos a chegada de quen é un dos máis significados creadores galegos de literatura. O resto é poñer a venda antes da ferida.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS