Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Miércoles 19.06.2013  | Actualizado 00.00 Hemeroteca web  |  RSS   RSS

Noticia 1 de 1 Opinión | opinion@elcorreogallego.es  |   RSS - Opinión RSS

{ enfiando }

AFONSO EIRÉ

Contra a selección española

ANDAN os nacionalistas galegos amolados, con razón, pola campaña de españolización que se puxo en marcha aproveitando a celebración da Eurocopa de fútbol.

Este espectáculo pode ser usado para anestesiar ao pobo (mundial de Arxentina) ou para liberalo (selección alxeriana). As ideoloxías excluentes usan e aprópianse de todos os resortes e símbolos, deturpándoos se é necesario.

O franquismo espasallou ao Real Madrid cando este comezou a gañar todas as Copas de Europa, aínda que o seu presidente, Santiago Bernabéu, era monárquico: cando a conseguen por vez primeira van ofrecerlla a Afonso XIII a Suíza. O Barcelona, na súa etapa de presidentes franquistas (Núñez, Gaspar), logra concitar non só as arelas de liberación do pobo catalán senón as necesidades de liberdade en toda a península. Converteuse nun símbolo. Mes que un club, malia da directiva.

O problema nestes momentos para o nacionalismo galego non é a selección española de fútbol, nin que as súas vitorias acrecenten a campaña de reespañolización. O problema é preciso situalo na política recentralizadora que, comezada con Rodríguez Zapatero no goberno, continúa o PP sen recacho. Os mollos da nosa meda son que tampouco temos ningún xogador na selección. No 1964, cando a selección da Federación Española de Fútbol (ese é o nome oficial, por iso poden xogar Escocia, Irlanda do Norte ou Gales os campionatos) gañou a súa primeira Eurocopa, os galegos, cinco, formaban a maioría da selección.

Nunha reunión celebrada no 1979 en Euskadi, para acordar das seleccións vasca, catalá e galega de fútbol, concluímos que os xogadores das nosas nacións, con sentimento de País, non debían de renunciar a xogar na selección española. As avesas, como pasou con Iribar, presente na reunión, utilizalos como símbolo das nosas loitas.

Por iso hoxe os cataláns poden usar a selección española de fútbol a beneficio propio.

Sempre entendín que o fútbol non é razón, senón paixón. É lóxico que aqueles nacionalistas que non son amadores do fútbol, non gusten de que gañe a selección española.

Pero tamén semella lóxico que existan outros nacionalistas, que, aínda sabendo a súa utilización centralista, queiran que gañe a Roxa. E aínda españolistas que apostan por Portugal, pois pensan que é o reflexo do Real Madrid, fronte á Roxa, que reflicte o Barcelona.

Alguén tampouco sospeitoso como o ex presidente do F.C. Barcelona e deputado independentista, Joan Laporta, explicábao así: "A miña selección é a catalá, pero a maioría dos xogadores da española son do Barcelona. Ademais, hai moita xente ao meu carón que se sente feliz se gaña a Roxa. Quen son eu para estar contra da súa felicidade?".

Xornalista

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorreogallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS