Lunes 22.12.2008
Hemeroteca web
|
RSS

O pai, dono da maioría das terras da parroquia, tíñaas arrendadas á xente que carecía de propiedades de seu. Casou cunha muller da capital de familia de moito mérito con casa antiga na rúa principal. Tiveron varios fillos e conseguiron estudalos a todos quitado o máis pequeno ao que nunca o levaron moito os libros. Cando os pais morreron, os fillos exercían as súas respectivas profesións a moitos quilómetros da aldea da que non querían saber nada. A casa grande habitada unicamente polo máis novo foi esmorecendo e as terras a monte por non haber quen as traballase. Os homes da aldea marcharan á emigración porque non daban matado a fame da casa labrando terras alleas.
Anos despois a facenda foi adquirida polos mesmos que buscaran fortuna no estranxeiro e así acaba nas mans das familias que desde tempo inmemorial a levaban traballando. Levantáronse casas novas, algunhas moi aparentes. Aquel fillo, a quen todos chamaban Señorito, coma se fose o seu nome propio, xuntouse con xente que o axudou a fundir a herdanza en pándegas. Logo, resistiu na casa grande axudado por almas caritativas. Hoxe Señorito agarda a morte nun asilo coa mirada perdida na inmensidade.

Vómitos en el casco viejo santiagués
Fuente que no mana en Compostela
El río Sarela recibe vertidos blancos
Un cajero compostelano pintarrajeado