Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Lunes 22.12.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión| opinion@elcorreogallego.es  |  RSS - Opinión RSS

RAFAEL CUIÑA

vademecum

Seremos como Euskadi

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

3.1/5 [46 Voto/s]

25
Comparte en Tuenti

En ocasións non alcanzo a entender o vieiro que pretende tomar o presidente do Goberno español, en canto á configuración e futuro do Estado autonómico. Rodríguez Zapatero semella pretender marcar un destino diferente ás autonomías españolas, en función dos seus intereses parlamentarios.

Abrindo o melón da posibilidade de maior nivel de autogoberno a Euskadi, a cambio do apoio puntual nos presupostos xerais do Estado, reflicte a desesperación na que está o xefe do executivo español, e probablemente a súa incapacidade para dirixir os destinos dunha España que lexitimamente o elixiu. O Partido Nacionalista Vasco non fai máis que ser coherente coas súas ansias de gobernar unha terra perfectamente diferenciada dentro do Estado. Non podo disimular a admiración por u­nha forza política que pensa exclusivamente nos intereses dos seus cidadáns, e nas potencialidades dunha Eskadi que amosa permanentemente a súa falla de complexos, mentres aquí os padecemos día a día, probablemente porque temos o que merecemos.

A forza da negociación dos nacionalistas de dereitas vascos nos presupostos estatais é inversamente proporcional á que teñen os partidos galegos. Fai tempo algún político da dereita galega tivo a ocorrencia (valente achega), de pretender facer un subgrupo parlamentario propio dentro do PPdeG nas Cortes españolas, e o trataron de tolo, cando non de traidor... Que sería dunha Galicia secularmente marxinada, se as súas forzas políticas tivesen o peso suficiente para que a nosa situación periférica non fose coartada para a ausencia de inversións transformadoras no país. Ou que sería dunha terra na que o seu Estatuto de Autonomía marcase claramente o futuro do desenvolvemento como pobo, freando as intentonas do proceloso centralismo. Esa é a principal misión do xeralmente prostituído termo "galeguismo", velar e loitar polos intereses dunha terra, na que as súas posibilidades de autogoberno teñen que ser unha achega positiva, e nunca un elemento de conflicto. Porque ás veces o autoodio non nos deixa ver con claridade, que o que para uns debe ser a fidelidade a unha forza política, pode chocar frontalmente cos intereses de aquelo a quen unicamente estamos para servir, que non é máis que Galicia...

Ou non?

EMPRESARIO

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS