Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Miércoles 19.06.2013  | Actualizado 20.26 Hemeroteca web  |  RSS   RSS

Noticia 1 de 1 Opinión | opinion@elcorreogallego.es  |   RSS - Opinión RSS

{devagar}

XAVIER SENÍN

Tarde de fútbol

DAQUELA os partidos había que velos no campo ou escoitábanse pola radio, porque aínda non existía televisión. Os rapaces agardaban ao domingo contra as cinco da tarde para que seu pai os levase a ver o partido que xogaba o equipo da súa vila ou o da vila do lado, porque nunca lles cadraba na casa o mesmo domingo. Dese xeito, beneficiábanse os dous clubes, pois acudían afeccionados dos dous lugares. O cheo producíase nos partidos de rivalidade, cousa que aproveitaban as directivas para subir os prezos, tamén aos socios, pero abusando máis dos seareiros do equipo contrario que tiñan que deixar bastantes cartos nos portelos do campo se querían animar o seu equipo.

Pero ese non era todo o contacto que tiñan co fútbol; procuraban escoitar os partidos que transmitían pola radio e coñecían os grandes xogadores daqueles tempos, os que lograran as fazañas polo mundo adiante que culminaron na copa de Europa conquistada pola selección, esa si diante das cámaras da televisión. Tamén estaban as imaxes dos xogadores nas caixas de mistos que intercambiaban cos compañeiros na hora do recreo. Logo os cromos, pero ninguén fora quen de completar as coleccións dunha cousa nin doutra.

Seu pai levábaos ao fútbol, pero non todos os domingos. Os tempos eran ruíns e a asistencia aos partidos había que gañala co bo comportamento e cunhas notas decentes. Na vila volvían polos da casa, xaora, e na do lado normalmente tamén, que mellor era levarse ben entre veciños que arriscarse a cobrar unha pancada. O árbitro exercía unha profesión perigosa e non era raro que saíse escoltado polos civís se tivera un erro que favorecía o equipo visitante. Non facía falta erro ningún para que a xente lle chamase de todo.

Aquel día viña o Ourense xogar co Flavia e había moita expectación pois o equipo visitante marchaba de primeiro na clasificación. Seu pai levounos os dous ao partido. O maior animaba o Flavia, o cativo o Ourense, só por levar a contraria, pois un era do Madrid e outro do Barcelona. Cando un dicía "Ala Flavia!", seu irmán berraba "Ala Ourensia!". Pouco lle faltou para acabar mal a cousa.

Escritor

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorreogallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS