Jueves 20.06.2013
| Actualizado 01.34
Hemeroteca web
|
RSS
NA REAL ACADEMIA Galega acordamos dedicarlle o Día das Letras de 2013 a Roberto Vidal Bolaño. Entre outros valores estéticos, tiña moi claro o que significaba o teatro para educar. Falamos desto toda unha tarde en Catoira hai algúns anos. Falamos dos vietnamitas, que en plena guerra ata nos refuxios ofreceron representacións nas que se destacaba a unidade do pobo fronte ós agresores ianquis. Eu conteille tamén do teatro Escambray, de Cuba, que tras investigar os problemas sociais daquela rexión, a compañía que dirixía Sergio Corrieri poñíaos en escena e pouco a pouco íanse superando.
En México existe un forte movemento teatral en todo o país, sobre todo nas comunidades campesiñas. Tamén o teatro popular arxentino, creado hai moitos anos por Leónidas Barletta, ademáis de facer arte de alta calidade ía polo mesmo rumbo educativo. En Buenos Aires naceu, por obra del, un movemento de teatro independente que se extendeu por toda América.
As ideas e a obra de Vidal Bolaño deben servirnos para intensificar a actividade teatral, tan necesitada de estímulo e axuda. Coñezo algúns grupos de afeccionados en Vedra, Palas de Rei, Boqueixón, Antas de Ulla, por citar só algúns. Pero hai moitos máis en toda Galicia. Por enriba das dificultades van dando razón de si. Pero hai que apoialos porque son unha necesidade.
Xunto con mozos e mozas da miña comarca puiden botar a andar un grupo de teatro en 1945. Presentamos diversas pezas, sempre en lingua galega. Algunhas da época da República (Antón Vilar Ponte, Álvaro de las Casas, Ricardo Frade...). E xa daquela penso que incidimos na conciencia da xente. Adiante, pois. O nome e a obra de Vidal Bolaño alumean o camiño.
Escritor

20.06.2013
Pintadas en comercios de la rúa do Hórreo
Basura tirada a pocos metros de una papelera
Exigen la limpieza de pistas y aceras en Ames
Pista con muy baja visibilidad por la maleza
Falta de mantenimiento en muchas aceras