Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Viernes 06.03.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión| opinion@elcorreogallego.es  |  RSS - Opinión RSS

SARA BARREIRO

episodios nacionais

O tempo

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

3.8/5 [5 Voto/s]

1
Comparte en Tuenti

MARIBEL non se percatou de que a alarma do seu despertador soara unha hora antes do habitual ata que xa almorzara, e xa estaba vestida e preparada para saír pola porta. É certo que sentiu que inda non amañecera tanto como outros días, pero pensou que era cousa de que o verán está desaparecendo e que os días son máis curtos, máis grises, máis fríos, máis feos.

Unha hora estivo vendo a vida pasar pola fiestra e o sol saír. Nos primeiros minutos meditaba sobre se debería ou non tirarse a durmir un pouco máis na cama, ou mesmo no sofá, para que o sono non fora tan profundo e o despertar non resultara traumático. Pero non se viu quen de pechar os ollos de novo, e preferiu ficar nunha cadeira de madeira. Tamén pensou en limpar a cociña, pero descartou a idea inmediatamente por se unha mancha de limpador (resultoulle irónico que os limpadores manchen) caía na súa impecable camisa.

Outra media hora dedicouna a pensar en que facer coas patacas que lle mandara a súa sogra -os pisos de cincuenta metros non teñen un espazo reservado para zapatos, menos o van ter para patacas-, no regalo de aniversario da súa irmá, en como dicirlle ao seu pai que precisaba unha axuda económica para cambiar as rodas do Ford Fiesta, e en que levaría a voda do sábado no caso de que chovera e non puidera usar o vestido azul que lle emprestara a súa amiga Luz. E un pouco por riba pensou tamén en por que as demais casan e ela non, pero non profundiu no tema por preguiza.

E os últimos dez minutos adicounos a pensar en que mal vai de tempo en todo, en que quere acabar ese conto que comenzou hai un ano, en que non pode cumprir o seu horario laboral porque non dá rematado as tarefas, en que cando queda para cear coas amigas sempre chega tarde porque non ten nin un minuto para pasar pola casa a deixar o computador e cambiar de roupa, en que non pode ter un can porque non ten horas no día para sacalo a pasear e en que nin sequera ten tempo para pensar que cousas divertidas faría se tivera máis tempo. E entón pensou cantos momentos perdera na súa vida e cantas cousas podería facer agora se lle devolveran todo o tempo que malgastara.

Licenciada en Ciencias Políticas

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS