Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Viernes 06.03.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión| opinion@elcorreogallego.es  |  RSS - Opinión RSS

ALFREDO CONDE

os outros días

¿Toleamos ou qué?

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

2.7/5 [18 Voto/s]

5
Comparte en Tuenti

A mín paréceme moi ben iso de potenciar Galicia a conta do Xacobeo, que é como se lle chama agora ó Ano Santo Compostelán, e mesmo de Santiago de Compostela que é, por certo, como se lle chama a Compostela dende hai moitos, moitísimos anos; xa saben, esa teima de meter sempre os santos polo medio: Santa Uxía de Riveira, O Ferrol del Caudillo, cousas así. Vóulles poñer un exemplo do que se pretende con isto das denominacións, das marcas e dos desvíos, aí vai: Imaxinemos que temos unha marca acreditada e coñecida, eu qué sei, a Lacoste esa do cocodrilo, e que nola veñen pidir á tenda. Entón, nós, que temos os andeis cheos de prendas sinaladas polo reptil anfibio, ese que ten a boca aberta, dicímoslle que non, que temos unha dun lagarto arnao e que só lle vendemos esa. Pois tal cal. Sigamos imaxinando disparates. Temos unha sombrereiría e que entra un parvo -os demáis sempre son parvos; nós, nunca, que tal e non outra é a divisa a ter sempre en conta- e vai e pídenos un sombreiro de pelo de coello. Entón nós, que temos existencia deles, empeñámonos en venderlle un pánama que lle vai durar dous días en canto chova algo. Pois iso élles o mesmiño que se nos piden un congreso en Campostela e nos llo ofrecemos noutro sitio, como se a xente non soupera ben o que quere. Sómoslle así e sen remedio.

Agora entéirome -sempre lles fun, vou, o son algo retrasado- de que nunha cidade do sul galego andan ou queren andar construindo un palacio da ópera, algo en principio moi loable. O problema é o custo dunha butaca de espectador de tal manifestación artística cada ano, en condicións normais. Un dato que mesmo empiora tendo en conta a práctica inexistencia de tales espectadores na nosa comunidade chegada a hora de empezar a facer números. Item máis, a cidade galega máis arredada de Compostela -onde por certo hai tres contenedores culturais susceptibles de seren utilizados ó efecto e aínda via haber outro máis- está a pouco máis dunha hora dela. ¿Toleamos ou qué? Non chegaba co tiberio dos tres aeroportos, pra acabar por ir facer o check-in a O Porto, e agora imos e entretémonos en seguir facendo auditoriums, palacios da ópera, cambiarlle o sentido ó Xacobeo, ofrecer marcas distintas das que nos solicitan e tolear ó persoal, expoñendonos a que un día veña un xuiz con gañas de xoldra e empece a empapelar xente por malversar fondos públicos; que é o que a mín se me antolla que se anda a facer, en tempos coma os que andamos, nos que non hai pra pan e moito da a impresión de que nos empeñemos en mercar estampiñas. Como se xa non tiveramos abondo coas que mercamos en anos anteriores.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS