Sábado 25.05.2013
| Actualizado 00.00
Hemeroteca web
|
RSS
O DETERIORO da democracia en España fai que apenas exista xa división entre poder lexislativo, executivo e xudicial. Os partidos do poder conforman un duopolio corrupto nas institucións do estado, que compón e descompón tamén nos órganos da xustiza. Non representan os cidadáns, senón que actúan como executores do poder financeiro. Abonda con algúns exemplos do PSOE, por non falar xa do PP: Carme Chacón e Trinidad Jiménez por exemplo, eran membros hai un par de anos da Comisión Trilateral, un suprapoder de Occidente, onde se coordenan as macropolíticas a aplicar. Zapatero asistía ás últimas reunións de Bilderberg, unha estrutura semellante.
Mantense a ficción dun grande antagonismo entre o PP e o PSOE para o "teatrino" colectivo (tipo Barça-Real Madrid) e no entanto as medidas para o saqueo do estado de benestar en Europa non indican grandes diferenzas entre a tendencia conservadora e a socialdemócrata. En calquera caso "os políticos non gobernan o mundo, Goldman Sachs goberna o mundo", proclamaba aquel abutre de Wall Street que profetizou na BBC o afundimento do euro.
O terceiro pé para o saqueo é a prensa, os propietarios da liberdade de expresión mellor dito, porque esta liberdade está privatizada, ten donos. É dicir, os que lle poñen guión á ficción do "teatrino", e que son os propietarios das finanzas. El País por exemplo é de Liberty Acquisition, participado entre outros por... Goldman Sachs. E o Banco de Santander.
www.sarille.eu

25.05.2013
Pintadas en la sede compostelana de Cruz Roja
Pintadas en el mobiliario urbano de Fontiñas
Basura ‘adornando’ la iglesia de Santa Susana
Paneles que no informan de lo debido
La plaga de pintadas continúa avanzando