Viernes 06.03.2009
Hemeroteca web
|
RSS

Escrito o que quedou reflectido neste espazo nestes días de aí atrás, producíuse a manifestación do pasmo, do abraio, de varios escritores (a miña ó par da deles) diante das (des) calificacións do conselleiro de Cultura. O titular de tal departamento do goberno galego tense manifestado no senso de que a noso eido cultural é pequeno e limitado, o que pode que non sexa de todo inexacto, pero tamén no de que é limitativo, o que xa é máis grave; máis aínda posto na boca de quen ten na súa man non poucas das ferramentas necesarias pra proceder á sempre necesaria apertura, preservándoa do perigo do ensimesmamento, sempre posible. Quen lles escribe saudou, non con alborozo, pero saudou, a chegada do actual titular por canto imaxinaba que ía supor unha necesaria apertura ó exterior, tan desexable logo de que os seus dous inmediatos antececesores convertiran o seu departamento nunha comisión de festas ou nunha concellería de Cultura, entendida sexa esta afirmación no sentido cronolóxico da xestión desenvolvida. Macro concertos no Monte do Gozo, grandes obras no Monte Gaias, a cabuxa cultural botóuse ó monte, no primeiro dos mandatos, e se deitou na herba mol dos estadios, en selectivos alardes futbolísticos que costaron un pastón, antes de tolear e se convertir nunha axencia de viaxes a prol, principalmente, de escritores orgánicos e ben mandados. Facer cultura en galego non limita a ninguén. Pero concretas políticas culturais si que poden resultar castrantes. A da inoperancia tamén. A da falta de consideiración cos creadores de cultura e mesmo cos axentes culturais o mesmo. Nen uns, nen outros, poden ser ignorados en conxunto ó longo de xa demaseados meses. ¿Por qué está sendo así? Probablemente porque o feito de ser xente moi cosmopolita e viaxada axude a facer posible, e indesexable, certa perda de perspectiva. Quen asinanos ese escrito que é de supor xa circulante somos todos nós xente cun premio nacional ó lombo, con obra traducida a moitos idiomas do mundo, con premios internacionais recibidos en virtude da nosa entrega á creación literaria afeitos as máis variadas tribunas internacionais e a nos ver e tratar con xentes diversas e curiosas, cando menos curiosas da nosa realidade. Cada un que fale por si, pero non deixa de ser sospeitoso, por exemplo, que algún de nós leve falado de cousas serias, nos pasados anos, con ministros de Cultura españois e estranxeiros, pero nunca cun conselleiro galego. Que agora veña este e nos califique de ensimesmados e limitados en virtude da nosa pertenza a unha comunidade cultural á que el ten que potenciar e non limitar, senón abrir e espallar, aínda máis do que xa o está, ven sendo como ir á corte (das cabuxas) e matalas todas.

Vómitos en el casco viejo santiagués
Fuente que no mana en Compostela
El río Sarela recibe vertidos blancos
Un cajero compostelano pintarrajeado