Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Viernes 06.03.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión| opinion@elcorreogallego.es  |  RSS - Opinión RSS

ALFREDO CONDE

los otros días

Unha camelia de prata

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

1.8/5 [24 Voto/s]

4
Comparte en Tuenti

Foi casualidade. O venres de hai quince días estaba eu na droguería de onde as Cinco Rúas, alí pertiño da sede deste xornal, mercando ferro pra llo deitar ó pé dalgunhas froiteiras, cando escoitei coma un señor falaba e falaba de centolas. Prestei atención, qué queren que lles diga. Epicuro, teimudo defensor da moderación dos desexos, dos praceres da vida sinxela e dos goces do coñecemento, da memoria e maila amistade, deixou escrito que o principio e raíz de todo ben está no pracer do ventre, que algúns din bandullo, pois mesmo os actos máis sabios e importantes gardan referencia con él. Pois ben, estaba o señor, un vello lobo de mar, deses que saben que ás veces a mar se nos torna unha loba, falando e falando das centolas que hai aló contra Riveira, entre a Punta de Fóra e Castiñeiras, que son grandes e cumpridas, cubertas de algas, as máis delas e saborosas, coma se foran presbíteros revestidos en tempo de Advento, este que andamos, e non me puiden resisitir á escoita. Vaime o mar, non a mar, claro, vanme as centolas (mesmo os centolos, que nestas cousas do bandullo sonlles moi promiscuo) e vaime falar a modo, tal e como recomendaba Epicuro. Pasei un bo pedazo falando e aprendendo do vello lobo. Sei, por caso, que agora non se pesca con palangres, a arte máis ecolóxica do mundo, quén nolo ía dicir hai xa algúns anos.

Iso foi pola mediodía. Pola noite prendín o televisor e alí estaban as centolas facendo un cinto de seguridade ó redor da Triada Capitolina que forman os Trobeiros de Compostela, eses tres foguetes cheos de erudición e risas, de risas e de desinhibición, de coñecementos varios e moreas de cancións coas que alegrar a vida da xente, a miña entre todas. Cada venres que podo prendo o televisor e, na canle de Correo TV, vexo os profesores Cancio e Mari Solera que presididos por Luis Rial, en oficio de Zeus Capitolino, fan que a noite sexa amena e grata, chea de facundia oratoria e dun humor que a mín se me antolla intelixente.

Iso foi pola noitiña. Chegada a mediodía do sábado acheguéime ata Cambados ó reclamo dun Epicuro particular que teño eu, algo así coma un anxo da garda có que os ceos me bendicen. Trátase dun Epicuro que, amén de exercer de tal, é parente e amigo, amigo e parente, amén de avogado dos de lei, é dicir, bo e honrado, todo xunto, e que aínda por riba dispuñera un centolo, grande coma un castelo, semellante ó que exhibiran os da Triada na TV do Correo. Logo regresei a casa cunha fermosa camelia de prata das do Quinteiro da Cruz prendida na lapela. Se me ven con ela non é que tornara o rego. É que pra unha vez que me botan flores haberá que aproveitalas. Seguro que Epicuro o aprobaría.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS