Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Viernes 06.03.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión| opinion@elcorreogallego.es  |  RSS - Opinión RSS

ALFREDO CONDE

los otros días

Unha mostra ante a que se fala baixiño

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

4.4/5 [5 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti

Contra o solpor, se baixou algo o neboeiro e ti ves cara Compostela de regreso do silencio alto de Chaguazoso (por veces branco) os montes que abeiran o Miño, según este abandoa Ourense e se encamiña ó Barbantiño, eses montes, estan salferidos de marelo. Non nego que as mimosas o son, que é livián o seu aroma, mesmo que sexa fermosa a súa cor. Pero teño pra mín que esas manchas circulares coas que pretender alumear os montes a mín antóllanseme eccemas. Un proído que lle saeu á terra. Veremos en qué acaba.

Recodo o eccema, xa saben, esas manchas de cor, esa dermatite papulovesicular con proído que aparece coma un cadro reactivo fronte a múltiples axentes endóxenos ou exónenos, o diccionario galego de termos médicos dixit, porque esoutro día, viña eu véndoas e, según as vía, rosmaba maldicións polo baixo contra delas; é dicir, según acababa eu de pasar por tras do seminario diocesán, fundado polo extinto monseñor Temiño, aquela cabeciña algo cadrada, cando collín á dereita e baixei a Ourense pra ir dar xusto co ó Campo dos Remedios ou cómo lle chamen agora ó que hai darredor da capela que está ó pe do Ponte Vello do lado contrario a onde se ubican os Salesianos. Fixen a baixada que lle digo, por esa especie de tobogán que empalma Ourense coa autopista, pra me achegar ó estudio de Miguel Piñeiro. Vai expoñer obra e avisaranme do solprendente mundo que a mostra abrangue e máis da excepcional mestría coa que está executada. Miguel ten unha afillada aqueixada de autismo no seu grao máis severo. O mundo de Alicia, así se chama esa nena de ollos grandes e tristes, redúcese a imaxes e cores. Miguel enténdese moi ben con ela. Píntalle cousas e ve de penetrar no mundo ausente e calado dos autistas a través dos debuxos cos que entretén a nena. Agora pintóuna a ela e ó tempo pintou as imaxes que a conmoven ou atraen, que a acompañan nese impensable vágado no que Alicia vive mergullada ogalla que nun país de marabillas. Quén o sabe? Ogallá sí.

Contemplei a obra de Piñeiro nun silencio litúrxico e sacral do que me decatei según abandoaba a casa e ascendía por onde había pouco que baixara, de novo cara os eccemas que agora xa velara a noite. Por qué se falará baixiño diante dunha mostra de pintura coma esta? Déixolle a vostedes as respostas porque pode que haixa máis dunha; aí lles que quedan en estabai, que dín os mariñeiros. Pero esperen a ver a obra antes de respondelas porque, primeiro de nada, está un pintor grande, logo un mundo inimaxinable -Alicia ó fondo do fondo gris do tempo-, logo, a nosa propia sensibilidade sobrevoando por riba dunha e doutra realidade. Vaian vela.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS