Viernes 06.03.2009
Hemeroteca web
|
RSS

Cando lle cadraba ir á capital do reino adoitaba ter bastante sorte cos taxistas pois non tiña que aturar conversas que non lle interesaban, nin faladoiros radiofónicos que lle deixaban mal o corpo. Desta vez tocoulle un home moi falangueiro obsesionado polo tráfico que lle explicou polo miúdo os trucos que utilizaba para evitar os atascos. Claro que ás veces cumpría dar algunha voltiña e algún pasaxeiro tenlle protestado. Non é que ao cliente lle interesase moito a conversa, pero o home facíase agradable. Segundo el, había demasiada xente que levaba o coche ao traballo cando o podía evitar se utilizase os transportes públicos que funcionaban moi ben.
As autoridades quixeron promover o agrupamento nun so vehículo de varias persoas que vivisen na mesma zona para iren ao traballo xuntas e implantaron o carril vao. Trátase dun carril especial polo que só se permite circular coches ocupados por un mínimo de dúas persoas. Seica ten un éxito relativo pois houbo quen inventou a trampa. Algún condutor comprou unha boneca inchable, vestiuna de muller e colocouna no asento do acompañante. Non tardaron en ser descubertos. Hai xente que podía aplicar tanta inventiva a cousas máis produtivas.

Vómitos en el casco viejo santiagués
Fuente que no mana en Compostela
El río Sarela recibe vertidos blancos
Un cajero compostelano pintarrajeado