Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Viernes 06.03.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión| opinion@elcorreogallego.es  |  RSS - Opinión RSS

LUÍS GONZÁLEZ TOSAR

ao raiar o sol

Víctores

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

2.0/5 [4 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti

ANTES DE SABER que "víctor" proviña de victus -vencedor, victorioso-, estivera eu no San Vito de Lousado un vinteoito de agosto. Lémbrome, porque días antes fora ao San Lois, en Valdesoiro. Non voltei, enredado nas reviravoltas da vida, ao San Vito -xa sei que é Víctor, mais onda nós dicimos Vito-. Ao San Lois procuro non faltarlle, cada vintecinco de agosto, pois amais do santo, celebro o cumpreanos. O primeiro Víctor que coñecín chamábase Víctor Fernández Palmeiro. Era tres anos máis vello ca min e nacera en Prada, A Veiga, Ourense. Soñador, poeta, bo mozo, fíxose comunista na universidade e acabou de guerrilleiro do ERP. El Gallego Palmeiro, a quen nunca lle faltan rosas e caraveis vermellos na súa campa da Chacarita, foi o vingador dos mártires de Trelew, o 30 de abril de 1973. Despois de liquidar, en pleno centro de Buenos Aires, a Hermes Quijada, que ordenara a masacre, morreu dun tiro que lle meteu no bandullo o chófer do contralmirante. Medramos no mesmo barrio, Palermo Viejo, compartimos adolescencia. Outro Víctor dos que quero salientar foi Víctor Casas. Figura clave do galeguismo, condenado a morte e fusilado en 1936, del dixo Otero Pedrayo: "Foi a proba da vida, leal". O terceiro dos Víctores, todos tres cunha fasquía semellante, é Víctor F. Freixanes. Coñecémonos en 1972 en Compostela, no Burgo, residentes do Pabillón 6, A aqueles barracós, erguidos no Ano Santo de 1965, fomos dar uns dous milleiros de estudantes que non eramos señoritos -eses moraban, xa daquela, en pisos, na zona nova-. O Burgo foi o albergue dunha xeración, un fervedoiro de ideas con paredes que denunciaban as conspiraciós. Alí coincidiron algúns dos que hoxe "fan país", como lle gusta dicir a Víctor. Esoutro día, na presentación d'O capital da cultura, escoiteille a Freixanes, alma do libro-informe, unha magnífica intervención. Pasáronnos por diante catro décadas, máis eu sigo a ver, tras o escritor, o editor e o profesor, a aquel mozote entusiasta e de discurso positivo, ao bo rapaz que o Víctor é.

Escritor

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS