Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Viernes 06.03.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión| opinion@elcorreogallego.es  |  RSS - Opinión RSS

XOSÉ NEIRA VILAS

cancela aberta

Xénese do panteón

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

1.7/5 [6 Voto/s]

3
Comparte en Tuenti

REFÍROME ó Panteón de Galegos Ilustres que radica, igual que o Museo do Pobo Galego, na igrexa compostelá de San Domingos de Bonaval. Alí repousan os restos de Rosalía, Brañas, Asorey, Fontán, Cabanillas e Castelao. Estivo cerrado debido a un conflito entre o Concello e o Arcebispado, pola propiedade deste recinto, municipal, ata que unha sentenza recente do Tribunal Supremo lle devolveu a posesión legal á curia.

Imos á historia. Tres semanas despois do pasamento de Rosalía, o semanario Galicia Moderna, da Habana (edición 9 - 8- 1885) propón recaudar fondos para erixirlle un mausoleo en Iria, de acordo con Murguía. Cada semana publicaba unha relación de doadores. Aparecen os nomes de 1.130, en 23 edicións. No entanto viñan dándose a coñecer artigos e poesías sobre o proxecto. Celebrouse tamén unha velada no Teatro Albisu, en 1886, na que participaron os intelectuais cubanos Rafael Montoro e Rafael María de Mendive. E presentouse un álbum con poesías de Cantares Gallegos e Follas Novas.

No mesmo semanario publicáronse cinco décimas de autor anónimo (supoñemos que do director, José Novo García). Reproducimos as últimas: "Su talento colosal / fue de la patria delicia / porque despertó a Galicia / a la vida intelectual. / Si aquel espíritu fuerte / que lustre a la historia dio / por ley divina se hundió / en las sombras de la muerte.// Si su gloria es nuestra gloria / desde estos climas lejanos / ¿No es justo que sus paisanos / rindan culto a su memoria / y le erijan un panteón / a ese genio extraordinario / en el triste y solitario / cementerio de Padrón?".

Comunicáronlle a Murguía que reuniran 864 pesos en billetes e 60 en ouro. A Sociedade Económica de Amigos do País viña teimando con el para o traslado a Santiago dos restos da súa muller. Murguía non quería tirapuxas e deixouse levar. Contestoulle ó semanario da Habana que lle xirasen eses cartos ó señor Díaz de Rábago. O 25 de maio de 1891 os restos de Rosalía foron levados a Bonaval. Aí comezou todo.

Escritor

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS