Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Lunes 22.12.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión » Firmas

JUAN L. BLANCO VALDÉS

{tribuna libre}

A cidade das sombras

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

2.1/5 [8 Voto/s]

3
Comparte en Tuenti

Contra o cambio climático que pouco e pouco lle furta o seu máis preclaro patrimonio, a choiva, Santiago será sempre unha cidade invernal, lóbrega, escura, onde o estío é apenas unha anécdota. Ao igual que a aura medieval das Platerías atopa un eco certo nas puñetas de puntilla do arcebispo Rajoy, a choiva barroca do Obradoiro tingue de orín a covachuela do arquiveiro Pérez Costanti. Todo é parte dunha cerna construída pola maxia do tempo, porque Compostela ten un tempo propio, no cronolóxico e no meteorolóxico, pero tamén no lírico. Daniel sorrí porque sabe onde está o Códice e o moi renarte ten a orquestra celeste revolucionada. Dicía eu que Santiago é unha cidade escura. É mais, eu creo que as autoridades están empeñadas en seguir nutrindo a súa peculiar auréola. Santiago e o seu entorno escatiman a súa luz artificial. O traxecto dende o idílico Brión, no que habito, cara á cidade é un exercicio cotián de escuridade, que me enchoupa a alma de invernía. Non hai iluminación na travesía que conduce á autovía; nin un só acceso nin rotonda desta autovía está iluminada en todo o entorno de Compostela. Cando se chega a Santiago por aire e se atopa un coa nova terminal do aeroporto, cre chegar a unha cidade moderna, dinámica, luminosa. Pero axiña unha autovía de negrura impenetrable desengana ao visitante e o sume no desconcerto, pois, en efecto, unha descontinuidade lumínica tan atroz só se explica nunha cidade que semella ter o adagio vale ben así por lema do seu escudo de armas. Deixo a autovía e chego á cidade: unha luz amarela, difusa, insuficiente parece contaxiar de ictericia aos habitantes, que camiñan como sombras. Mesturada coa brétema, cando orballa, babuxa ou barbaña, a luz amarela de Santiago outorga reflexos de ámbar, pon texturas opalescentes na pedra. Que un se come unha farola? Que mete o pe nun charco e deixa perdidos os baixos do pantalón? Pouco importa para unha percepción lírica do tempo en Compostela tan exquisita e rica de matices. Shanti Andía non quería que lle fixeran monumento ningún no seu Lúzaro natal pois quedaba condenado a recibir eternamente a choiva vascoganda nas costas. Os monumentos, dicía o sabio mariño, son para os países soleados. Tampouco a luz é para Compostela, nin para os seus arredores, nin para as súas vías de acceso. É algo que os nosos gobernantes entenden extraordinariamente ben e merecen, por iso, todo o noso recoñecemento e gratitude.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS