Viernes 19.03.2010  | Actualizado 10.38      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
El Correo Gallego
Google
[Noticia 1 de 1] Opinión » Firmas

ALFREDO CONDE

os outros días

O afán de agradar

14.09.2006

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Os primeiros días de setembre foron algo acalorados de máis, o dia cinco dos mes que andamos, por exemplo, que foi cando escribín isto que lemos hoxe, o termómetro de máxima e mínima que teño na entrada da casa, marcaba os trinta e cinco graos centigrados á sombra no canto de eu me poñer a redactar estas liñas.

Xúrollles que malditas as gañas que me empuxaban a elo. Prefería ler a Pla embaixo dunha figueira, que xa saben que da unha sombra asañada e algo deletérea, pero fresquiña que da xenio, e tal estaba eu a facer deica que, o mesmo Pla, me recomendou a lectura de Chamfort. Nese momento subín ó estudio, collín a autor tan recomendable, peguei a lelo e xa quedei pfrendido del e da obrigatoriedade desas liñas.

Se reparan o que andei a facer no parágrafo anterior foi ir preparando, xustificando as liñas que han seguir a estas; é decir, anunciando unha cita de Chamfort pois xa saben que un dos meus escasos méritos consiste en ir lendo por vostedes, tan apurados sempre polas súas ocupacions e os seus traballos, e ir dandollo de a pouco, en pildorazos concentrados, así coma quen non quixara a cousa, máis nestes días da estiñada impiadosa que nos azouta a nós e ás nosas mentes. Así que aí lles vai a razión chamfortuián de hoxe.

"Cáseque tódolos homes son escravos, por aquela razón que daban os espartanos do servidume dos persas, que non sabían pronunciar a sílaba "non". Saber pronunciar esta palabra e saber vivir só constituen os únicos medios pra conservar a libertade e o carácter". ¿Sabemos os galegos dicir non? Témome que non. Dicimos depende, dicimos pode que? dicimos quen sabe?, quizáis?, en todo caso, pero non, non, iso cáseque nunca o dicimos.

O curioso é que cando nolo reprochan adoitamos xustificasrmonos dicindo que é por educación. Pois claro que é por educación! E aí está o problema. Estamos educados así. A Historia educóunos así, madia leva. A vostede e máis a mín tamén. Mátanos a bosecuencia, o afán de agradar, de resultar educados e corteses, e entedemos que o enfrontamento non nos levará a ningures. Como pauta non está mal. Individualmente aplicada produce grandes satisfaccións, nas máis das oportunidades, pero colectivamente seguida o que produce son grandes frustracións.

Non estaría de máis telo en conta agora que se reanuda a negociación do noso novo Estatuto. Se hai que dicir si, digámolo; pero por se vai haber que respostar non millor que ovaiamos ensaiando. Ou non?

ac@alfredoconde.com

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Chuza esta noticia Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

enviar

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS