Sábado 20.03.2010  | Actualizado 20.56      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
El Correo Gallego
Google
[Noticia 1 de 1] Opinión » Firmas

XOSÉ NEIRA VILAS ESCRITOR

Ano do libro

17.01.2010

5.0/5 [3 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

A Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia designou o 2010 como Ano do Libro e da Lectura. Loable iniciativa. Todo o que se faga para promocionar ese vehículo insubstituíble de cultura será sempre ben acollido. As feiras, as exposicións bibliográficas, os clubes de lectores, as presentacións, os programas de radio e televisión sobre o libro todo será beneficioso para todos. O arxentino José Ingenieros dixo que sempre estaba inclinado a pensar ben da persoa que ten o hábito de ler. E xa coñecemos o aforismo clásico de que u­nha casa sen libros é coma un corpo sen alma. Certo. Pola casa hai que empezar, iniciando os nenos e as nenas dende pequeniños a familiarizarse co libro, máis alá da obriga escolar. Crear un recanto no fogar, ata cun sinxelo moble, para ir poñendo nel cada libriño que apareza, destinado á súa idade.

Debe existir unha biblioteca en cada fogar, en cada asociación de veciños, en cada hotel, en cada tren, en cada autobús de longo recorrido, en cada centro de traballo. O libro, ese amigo que sempre nos agarda, ha de acompañarnos en cada momento e lugar.

Persoalmente amo os libros talvez porque carecín deles ata os vinte anos, idade na que crucei o Atlántico, en boa medida para telos. E logrei o que arelaba. En Bos Aires merquei moitos, e linos, editeinos, distribuínos, escribinos. O mesmo fixen anos despois en Cuba. E en Galicia, a partir de 1992. Vivo na aldea onde nacín. Xa non hai as carencias de 60 anos atrás, pero ademais, na casa en que vin ó mundo hai agora unha biblioteca pública que conta con case nove mil títulos. Tras tantos anos e tantas voltas mundo adiante talvez sexa a compensación da precariedade daqueles tempos. Apoiamos o Ano do Libro e da Lectura en xeral, e en particular, por lexítimo orgullo e dignidade, o libro e a lectura en galego. Cómpre traballar nisto con fervor. E multiplicar iniciativas para que se cumpra cabalmente este propósito.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Chuza esta noticia Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

enviar

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS