Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Martes 17.06.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión » Firmas

ALFREDO CONDE

os outros días

Anos vivindo á marxe

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

3.1/5 [8 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti

O escrito onte verbo do gremio ó que pertenzo, o dos escritores, non é consecuencia da insolidaridade, senón máis ben da insularidade -acaso un chisco orgullosa- na que vivo. Ninguén me poderá acusar nunca de ter reprimido nin a miña opinión ou máis mínimo eloxio cara a obra dun compañeiro que se me antollara merecedora del por moi asañadamente que o seu autor me tivera tratado a mín mesmo, ou ás miñas creaturas literarias, cando se lle presentou a ocasión propicia. Debo recoñecer que ás veces de xeito un tanto choqueiro e curiosamente contrastable coas opinión verquidas por aí fóra, por aí adiante onde, como persoa e como esctritor, atopei refuxo tantas veces. As críticas e os comentarios, ás veces algo soeces, todo hai que decilo, aceptéinas sempre e calei, sempre, ou case sempre, pois qué remedio me quedaba.

Tampouco non me poderá acusar nunca de ter atacado a alguén persoalmente, agás nun caso de lexítima defensa polo que xa me levo disculpado moitas veces, nin de non ter tratado da nosa situación e dos nosos problemas colectivos cada vez que o estimei oportuno, todo ó longo dos xa moitos miles de días, dos moitos miles de artigos que xa levo escrito, poisque son un afortunado que sempre dispuxen de espazo pra facelo e endexamais esquecín nin esquencerei a miña orixe e condición. Tratei sempre non só dos nosos problemas en tanto que literatos, senón mesmo en tanto que xente da cultura, da nosa cultura. Con ben pouco recoñecemento, por certo. Ás veces gustaríame saber, por exemplo, quen falou por primeira vez e tan reiterativamente dese desastre ubicado no monte Gaiás ou ónde estaba a opinión da nosa intelectualidade máis esgrevia, silenciada en comisións e grupos de traballo con dieta incorporada, mentres eran anunciados estes tempos que eiquí están e polos que agora tanto se pregunta. E cando exercín responsabilidades públicas traballei coma un cabrón. O que fixo a equipa que eu dirixín daquela aí está, dende entón, pra ser xuzgado. ¿Hai quen dea máis?

Agora pregúntanme pola situación dos escritores e opto por non contestar, por afirmar a diagnose que me fai a miña frustrada entrevistadora e dar a calada por resposta. O mes pasado fixeronse os corenta anos da aparición do meu primeiro libro. Celebréino pondo outro na rúa. Iso foi todo. O único que quero é escribir. Nin quero, nin podo, nin debo facer xa outra cousa. Levo anos vivindo á marxe, déixeseme seguir nela e permitaseme opinar de vez en cando, cando mo pida o corpo e non cando se me reclame pra transcribir, lóxicamente reducido, o meu pensar. É privilexio de vello o que reclamo e xa saben que, o propio día do meu nacemento, cumprín corenta e tres anos. Así que boten contas e sepan disculparme os exabruptos. Amén.

ac@alfredoconde.com

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS