Lunes 22.12.2008
Hemeroteca web
|
RSS
Aínda que sexamos un país uniforme en moitos aspectos, entre eles o cultural, o social e o antropolóxico, tamén temos unha abondosa diversidade nestas áreas. Non en tanto, onde máis se notan as diferenzas entre os galegos é en función da franxa de territorio na que residen.
Dende épocas ancestrais, houbo unha Galicia que dispón dunhas mellores condicións de vida que a outra. Esta división coincide xeograficamente cun occidente galego moito máis desenvolvido que tira do resto do país, fronte a unha zona oriental que se sente incapaz de aguantar o tirón da franxa atlántica.
Na Galicia oriental, que tamén coincide con dúas provincias coma son Lugo e Ourense que sempre aparecen, xunto conveciña Zamora, cos peores indicadores económicos do Estado, por dolorosos que nos resulten. Aínda así na zona leste galega residen arredor de 700.000 persoas, unha cifra elevada, se se ten en conta que hai comunidades autonómas nas que vive menos xente.
O grave problema ao que se enfrontan estes galegos é que cada vez son menos polas históricas faltas de oportunidades das que carecen, así como de servizos esenciais, provocando que as diferenzas entre o interior e o litoral sexan cada vez moito maiores. Ese atraso leva aparellado consigo unha diminución poboacional progresiva que pode provocar a práctica desaparación de moitos concellos do interior de Lugo e Ourense.
Non obstante, as terribles consecuencias que se divisan, cando menos a medio prazo, estamos a tempo de evitalas. É necesaria unha inmediata "discriminación positiva" cara a Galicia Oriental por parte dos distintos poderes, principalmente o do Estado. No leste galego urxen moitas cousas, entre elas a conexión co resto de Galicia mediante novas infraestruturas. Tamén se precisa unha importante mellora en moitos servizos, entre eles o sanitario e o educativo, para que ningún rapaz teña que percorrer 30 quilómetros para cursar ensino secundario.
Finalmente, hai que poñer no seu xusto valor esa Galicia que foi denostada durante séculos por literatos e políticos doutras terras. Aproveitar na súa xusta medida o extraordinario potencial de riqueza da que se dispón no interior galego e que segue a ser o gran descoñecido. Esa medida podería devolverlle a dignidade e a autoestima que sempre tivo negada Galicia de sempre.

Vómitos en el casco viejo santiagués
Fuente que no mana en Compostela
El río Sarela recibe vertidos blancos
Un cajero compostelano pintarrajeado