Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Lunes 22.12.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión » Firmas

XOÁN ANTÓN PÉREZ-LEMA L. AVOGADO

A POUSADA NO CAMIÑO

Catalunya triumfant

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

2.0/5 [8 Voto/s]

3
Comparte en Tuenti

Hai ben pouco tempo escrebíamos nestas páxinas sobre o desprestixio xurisdicional e democrático do Tribunal Constitucional (TC). Un tribunal que está a permitir especulacións coa inminente sentenza do Estatut catalán, cando dos seus doce membros só dez se atopan na plenitude xurídica dos seus dereitos para exercer o seu mandato neste asunto. E cando, deses dez, catro deles demoran un nomeamento xa caducado.

Hai uns días doce xornais cataláns publicaron un editorial conxunto a prol do marco de convivencia que supuxo o novo Estatuto do 2006. Disque o TC camiña cara unha sentenza que deslexitime globalmente a constitucionalidade desta norma. Decisión curiosa, máxime tendo en conta a extrema politización do nomeamento dos membros deste TC e máis o indubidábel feito de que o Estatut constitúe a auténtica norma constitucional catalá, aprobada polo seu Parlamento, polo Congreso e polo pobo catalán en referendo.

Cómpre non nos chamar ao engano. O editorial publicado pola prensa catalá é un aviso á convivencia común. España corre o risco de perder, de vez, a afección por xeracións da cidadanía catalá porque, cunha sentenza adversa, estaríalles a dicir nidiamente que os parlamentos non funcionan, que os pactos non se cumpren, que vivimos nun Estado-nación dotado dunha rixidez propia do século XIX e que, tratándose dunha nación próspera, de sete millóns de habitantes, mellor lle iría desenvolvendo a política de "Adeu Espanya" no canto de se esforzar por encaixar o seu autogoberno no marco da España plurinacional. A opción independentista do first minister escocés Alec Salmond gañaría adeptos acó e aló. Porque a España amosaría a súa incapacidade de artellar xurídica e políticamente a súa pluralidade.

PP, PSOE e os medios de comunicación madrileños haberían estar moi cegos se non ven aquí o comezo da fin do Estado das Autonomías. Porque a discreta participación do referendo do Estatut non pode agachar a realidade dun pobo catalán que se desenvolve con grande dificuldade no estreito marco dunha España ensimismada que recea da unidade europea e do autogoberno e sinais diferenciais das súas nacionalidades. Dunha España que rexeita unha pluralidade que constitúe o único alicerce certo da súa realidade e da súa presenza e vocación na Europa e no mundo.

De certo que, de se producir o despropósito dunha sentenza globalmente contraria ao Estatut, o conto non nos vai sair de balde nin aos españois nin aos galegos.

Porque suporía, sen máis, o peche definitivo da andaina descentralizadora que principiamos no 1978. E chamaría por tentar reactivar unha España morta que mesmo xa non se alicerza en algunhas das realidades empresariai ate de agora asentadas na capital do Estado. Porque a absorción de Iberia, Unión Fenosa e outras empresas varias están a marcar de xeito ineludíbel a inviabilidade dun xigantesco Madrid que, agora si, presenta nidiamente a fraxilidade extrema do seu baseamento.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS