El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Opinión » Firmas

{ flash }

JOAN RIBOT

Ciber heroes

20.05.2017 
A- A+

DENDE a semana pasada aos problemas existentes no contexto internacional, hai que sumarlle un máis: os ciberataques. O ciberataque que afectou a empresas e institucións de máis de 150 países, foi o más salvaxe dos producidos ata o de agora. Pero o máis grave non é que afectara a hospitais ou a axencias estatais que dispoñen de información sensible, senón que esta ameaza veu para quedarse.
Dous precedentes do sucedido son os sufridos por Sony e o Banco de Bangladesh, quen perderon 200 e 81 millóns de dólares no 2014 e no 2016 respectivamente. Pero eses ataques a pequena escala non tiveron a transcendencia deste ataque global.
O ocorrido pon de manifesto a debilidade do modelo tecnolóxico que facilita a conectividade mundial: un xigante con pes de barro. De barro porque, como sucede con calquera invento, pode ser utilizado en beneficio de todos ou para destruírse.
A indignación ante o sucedido foi maiúscula. Por que estes desalmados atacan hospitais para acadar cartos a cambio de restaurar o sistema, sen importarlles o que lles pase aos doentes? Por que atacan empresas, ONGs e institucións públicas? A pregunta está ben formulada por quen non usa estas estratexias para acadar os seus propósitos, pero non por quen as utiliza.
No caso de Rusia –cuxos ministerio do interior quedou afectado– o caso é claro. Non tenta influír nas eleccións presidencias doutros países cando lle interesa? De China –que sufriu ataques nas comisarías– pode dicirse o mesmo, pois censura internet por difundir rumores ou prexudicar á reputación dos órganos do Estado. EEUU actúa dun xeito similar pois o ataque produciuse cun sistema creado pola CIA para penetrar nos sistemas operativos alleos, do que se apropiaron os hackers.
Co tema da posverdade, a posibilidade de xogar a varias bandas ensánchase ata o infinito. Cando é mais importante que algo aparente sexa verdade que a propia verdade, xa non hai heroes nin malvados.
Aínda que o heroe desta historia ten un nome: Marcus Hutchings, o británico de 22 anos que pasou tres días sen durmir na súa habitación ata lograr frear o ciberataque. Para elo, despois que lle pasaran parte do código do virus e descubrir que, para estenderse, chamaba a un enderezo de internet cuxo dominio non tiña dono, mercouno por 10 € e desviouno. Por sorte, a realidade é túzara e sigue habendo heroes.
Ténico da Seguridade Social