El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Opinión » Firmas

invitado especial

CIBRÁN CANEDO

Censarse ten premio en Silleda

04.01.2018 
A- A+

o concello de silleda abriu o prazo de presentación de traballos para a segunda edición do certame Nas Festas Somos Máis, o concurso enmarcado na campaña de fomento de empadroamento. A temática será exclusivamente a promoción das festas do Concello e do empadroamento no mesmo. "Con este importante cambio nas bases tratamos, tamén, de fomentar unha maior participación das asociacións que organizan as moitas festas que celebramos en Silleda", indica o alcalde, Manuel Cuiña. Reparten 3.000 euros en premios que irán destinados a subvencionar os custes da festa ou evento que concorra ao certame. O primeiro está dotado con 1.500 euros, o segundo con 1.000 e o terceiro con 500 €. O prazo para presentar candidaturas remata o 13 deste mes.

{ NO HAY DÍASIN RUMOR }

solidariedade si, pero todo o ano. Estas datas cheas de agasallos e reunións con familiares e amigos parecen espertar máis ca nunca o noso lado solidario. Tanto é así que prácticamente todos os concellos de Área xa se encargaron nos días previos ao Nadal de colaborar con Cáritas realizando recollidas de xoguetes, para que ningún neno do municipio se quede sen agasallo nestas épocas. Fanse ademais tamén galas e comidas benéficas. E por suposto todo isto está moi ben, pero dende logo non hai que agardar a época navideña para sacar adiante este tipo de iniciativas. As persoas máis desfavorecidas teñen necesidades todo o ano.