El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Opinión » Firmas

INVITADO ESPECIAL

CIBRÁN CANEDO

Intercambio cultural en Silleda

13.07.2018 
A- A+

SILLEDA ACOLLERÁ DO 13 AO 19 DE AGOSTO UN PROGRAMA DE intercambio cultural con veciños e veciñas das localidades de Canéjan (Francia) e Poggio Mirtetto (Italia), organizado polo Concello e o Comité de Irmandamento para a Xestión de Proxectos Europeos de Silleda. Para pechar xa o programa de actividades o alcalde, Manuel Cuiña, xunto coa presidenta do comité, Belén Calvo, e técnicos municipais, mantiveron un encontro con distintos colectivos e asociacións, moitas delas organizadoras de eventos culturais e gastronómicos, a fin de pechar as distintas colaboracións. A vista de que finalmente non se conseguiu a axuda solicitada do programa Europa con los Ciudadanos, dende o Concello de Silleda reaxustouse a programación que se inicia o 13 de agosgto coa chegada do grupo.