El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Opinión » Firmas

CONVIDADA ESPECIAL

CIBRÁN CANEDO

Melide homenaxea aos maiores

17.05.2018 
A- A+

xuntanza de confraternidade no pazo de congresos. O Concello de Melide fará o vindeiro 10 de xuño unha nova xuntanza cos maiores da vila. A alcaldesa, Dalia García, anima a participar un ano máis nesta xuntanza de confraternidade que "non é máis que unha merecida homenaxe a todas as persoas maiores da nosa vila e contorna", dixo. A xuntanza desenvolverase no Pazo de Congresos e Exposicións de Melide dende as 13.00 horas. Os máis lonxevos do municipio compartirán un xantar, unha misa na igrexa parroquial en memoria dos socios do centro social falecidos e, xa cara a tarde, terán unha sesión de baile. O Concello está a enviar estes días cartas informativas a todos os socios do centro social para avisalos. Os interesados deberán recoller as entradas no centro social.

{ NON HAI DÍASEN RUMOR }

que unHA alta porcentaxe de xente nova é adicta ás novas tecnoloxías é unha realidade que podemos ver día a día. Basta con observar como os mozos cruzan a rúa absortos nos seus teléfonos ou como non pasa un só día sen que haxa actividade no seu Instagram ou Facebook. Agora, o Concello de Boqueixón convida ás familias de adolescentes a asistir a unha charla sobre este tema na casa consistorial. Será o día 31 ás 17.00 horas e participan a Consellería de Sanidade, a Axencia de Coñecemento en Saúde e a Escola Galega de Saúde. Á charla deberían asistir tamén os propios rapaces para decatarse de que hai vida máis alá dos smartphones.