El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Opinión » Firmas

INVITADO ESPECIAL

CIBRÁN CANEDO

'Somos criminais' en Melide

16.05.2018 
A- A+

XA ESTÁN AGOTADAS AS ENTRADAS PARA a gala Somos criminais, que Carlos Blanco e Xose Antonio Touriñán representarán esta noite en Melide. O espectáculo terá lugar na casa da cultura e dividirase en dúas sesións: unha ás 20.30 horas e outra ás 23.00. Carlos Blanco e Touriñán pregúntanse neste espectáculo se temos unha cultura criminal propia e se delinquimos como galegos. Para repostar a estas preguntas, os cómicos analizan e dramatizan crimes autóctonos en todas as súas variables: dende o crime por arroutada ata o crime por acumulación de mala enerxía, pasando polo crime familiar ou o asasinato por suxestión. O espectáculo está baseado nun texto inédito de José Prieto e está dirixido por Dani Juncal. É unha produción de Condeteprés e Undodez.

{ NO HAY DÍASIN RUMOR }

GRAN PARTE DOS CONCELLOS DE ÁREAteñen que porse as pilas en materia de reciclaxe de vidro. Os datos do último ano publicados por Ecovidrio revelan que dos cincuenta, 28 reciclaron menos vidro ca no 2016. É o caso do Pino, onde se reciclaron só 9 quilos por habitante, oito menos ca no 2016. Atopamos a mesma situación noutros concellos como A Pobra, Vimianzo ou Ribeira, entre outros. Está claro que os respectivos gobernos deberían esforzarse en facer máis campañas de concienciación neste senso e en incrementar o número de contedores por habitante. Deberían seguir o exemplo de Corcubión, que conta cun contedor por cada 15.