Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Lunes 22.12.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión » Firmas

ALFREDO CONDE

os outros días

Como coller a gripe ibérica

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

3.8/5 [21 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti

Hoxe sí que vai. Hoxe sí que lles conto como se pode coller unha gripe á que lle chamar ibérica. Millor cóntolles como non pillala. Atendan.

Cóllase un avión de víspera. Se vostede vai ó aeroporto de Barajas, non pra subir deica Madrid senon pra empalmar con outro que o leve, eu qué sei, ó de Heathrow, ese desastre organizativo non sei se británico, pero si londinense, colla o avión de víspera. Se así o fai, durma ónde lle praza, poida e o seu presuposto llo permita. Sairalle algo máis caro, pero evitará carreiras. E enfriamentos que, a certas idades, sonlles do menos recomendables.

Se non o fai así, pode que saia de Lavacolla con retraso e chegue co tempo xusto a Barajas, á súa terminal coñecida como a T4. Tan xusto, que teña que botar a correr, como me sucedeu a mín, coa maleta nunha man e a bolsa co ordenador na outra, o chubasqueiro posto, pois mans só lle temos dúas, camiño da outra terminal á que lle dín satétile. Esa á que se chega logo de se embargar nun trenciño soterráneo.

Facelo esoutro día, sendo apeado alá nos confins das portas de desembarque sinaladas coa letra K, supuñeu uns dez minutos de carreira. Non está mal pra un home que de hoxe nun mes xa terá sesenta e catro aniños. Logo dun pequeño paseo en tren, tras consulta previa, fun enviado á porta R4, outros dez minutiños de carreira. Unha vez alí chegado resultou que non era nese voo no que a mín me correspondía embarcar senón na U60, no outro extremo. Volta outros dez minutos, pra chegar ó centro do edificio, máis outros dez pra facelo ó seu extremo. Excuso dicir que cheguei empapado en suor non sei se coma un cabalo percherón ou se coma se fora un de carreiras. Poñamos, dado o peso e maila carga, que coma un percherón vello e escangallado. Afortunadamente había retraso e cheguei a tempo.

Metinme no avión e sequei co seu aire acondicionado. Sequei eu e maís tamén secou a miña roupa, disculpen a miña craridade expositiva. Comprendan que un xa non está pra trotes. ¿Haberá xente que o estea? Comprenden agora por qué lle chamo ibérica á gripiña que me ten baldado? Algún día, os historiadores, esa xente da que servidor xa se fía máis ben pouco, describirannos ós habitantes deste século coma consumidores. O certo é que eu véxonos máis ben coma consumidos. Sómolo por unha organización social na que priman os intereses das grandes compañías, legalmente dotadas do que antano se poderían chamar licencias de corso, pra poderen andar con nós dun lao pra outro.

Fano a eito, coma se fosemos os monicreques do Kukas. Sómolo?

ac@alfredoconde.es

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS