Lunes 22.12.2008
Hemeroteca web
|
RSS

Hai anos, durante un dos mandatos presidenciais de Felipe González, durante aquel no que foi ministro Corcuera, houbo non pouca xente que montou en cólera -en cólera contida e non manifestada, nuns casos, expresa e aireada noutros- porque un electricista portaba unha carteira ministerial. Pretenderon convertir así o que constitueu un san exercicio democrático nun acto deplorable e diríase mesmo que oprobioso. En realidade o único oprobio tería sido que naquel goberno todos fosen electricistas. Nese caso terían sido demaseados enchufes os contemplables.
O traballo deshonrou legalmente neste país chamado España ata que El-Rei Carlos III aboleu a disposición que reservaba os labores de goberno tan só a aristocracia, vetándollo a aqueles que traballaran coas mans ou mesmo a aqueles que o fixeran co intelecto. Aínda quedan nostálxicos deostadores do rei que mandou construir a Porta de Alcalá, miralá, miralá.
Agora xa empezaron a xurdir intrépidos comentaristas do feito de que Xosé Blanco, o novo ministro de Fomento, teña tan só estudios de Dereito; é dicir, a carreira sen rematar, como se tal circunstancia invalidara a súa idónea predisposición pró cargo que desempeña, seguro que pró ben común dos cidadáns españoles, os de Galicia incluídos, acaso por primeira vez en moitos, moitos, moitísimos anos.
Daría a impresión de que os títulos fosen garantía da bondade executiva e xestora. Hai xente que o pensa así. Non se decatan de que padecen a afección dunha serodia titulitis diríase que tecnocrática, cando non doenza tardo franquista e recalcitrante que está desautorizada, cando non erradicada pola práctica.
A estes efectos non hai máis que recordar a pleiade de altos cargos que constitueu o fenecido bipartito, pola parte socialista, e consideirar a súa condición de profesores universitarios pra se decatar que, a efectos de capacitación política, a pretensión de que a capacidade de xestión depende das titulacións dos cargos públicos é semellante á daqueles que sentindo fame deciden combatila a base de bicarbonato. A intelixencia, menos a intelixencia emocional, e a constructiva e integradora, non a dan os títulos senón a natureza, a educación familiar, o equilibrio persoal; en fin, iso que se chama a propia persoalidade. O novo ministro tena abondo.

Vómitos en el casco viejo santiagués
Fuente que no mana en Compostela
El río Sarela recibe vertidos blancos
Un cajero compostelano pintarrajeado