El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Opinión » Firmas

INVITADO ESPECIAL

CIBRÁN CANEDO

Convenio entre Agadea e Boqueixón

18.05.2018 
A- A+

PROGRAMA DA PREVENCIÓn da dependencia. Grazas a un convenio de colaboración asinado entre o Concello de Boqueixón e AGADEA, a Asociación Galega de Axuda aos enfermos con demencias tipo Alzheimer, o programa da prevención da dependencia de Boqueixón contará cunha terapeuta ocupacional da asociación. As sesións desenvolveranse no local sociocultural de Sergude os martes e xoves de 16.30 a 19.30 horas. Para facilitar a participación, o alcalde Manuel Fernández explica que o Concello proporcionará un servizo de tranporte dende os domicilios dos participantes ata o centro. As actividades traballan aspectos como a estimulación cognitiva, a orientación espazo temporal ou a autoestima. Tamén se fan actividades de lectura e debate de novas de actualidade.

{ NO HAY DÍASIN RUMOR }

FOMENTAR A ALIMENTACIÓN SAUDABLE.Semella que agora son varios os colexios de Área nos que se están a promover charlas sobre bos hábitos de alimentación. É dende logo unha materia pendente que hai tempo os colexios deberían haber integrado ao igual cá educación física. Unha charla ou un par de actividades ao ano non servirán de moito para concienciar a uns cativos que viven nun mundo cargado de alimentos ultraprocesados... porque está claro que a alimentación xa non é o que era. É urxente tomar máis medidas para previr a obesidade infantil, e tamén adulta, porque de momento segue a ser un dos maiores desafíos do século XXI.