Martes 17.06.2008
Hemeroteca web
|
RSS
Nun conto meu, A muller de ferro (que dá título a un libro publicado por Galaxia en 1969) hai un templo ó que acoden moitos fieis. Trátase dunha alegoría pois o templo vén sendo un banco, un lugar no que escintila o metal dourado que todos cobizan. Hoxe o mundo está cheo deses templos. Nos máis deles non hai precisamente santos senón máis ben uns demos ambiciosos.
Comezou hai máis de dous anos cando crebaron dous fondos de investimento do banco estadounidense Bear Stearns, con perdas por 20 mil millóns de dólares. Isto non é nada comparado co que viría logo cando o 15 de setembro de 2008 crebaron o mesmo día o Lehman Brothers e o Merrill Lynch. As perdas sumadas de ambas entidades alcanzaron a cifra astronómica de 657 mil millós. Disque foi por préstamos hipotecarios a clientes sen solvencia. Iso din, e para rematar, a incrible estafa (60 mil millóns) de Madoff. Resultado: creba de empresas, paro, recesión, morosidade e demais secuelas.
E todo expresado en dólares, esa bendita moeda de recoñecemento internacional cooficial en varios países. Ese signo importado, que naceu nesta banda do mar e que, como vemos, serve para grandes transacións e tamén para grandes enganos. En USA déronlle cidadanía no século XVIII. A historia é esta: o nome vén do alemán thaler. O emperador español Carlos I dixo en 1535 que se acuñase en México unha moeda así denominada; por un cambio fonético o th trocouse en d e quedou sendo daler. Os que a acuñaron engadíronlle dúas barras verticais que cruzan o S e representan as costas de ambos mundos. Os Estados Unidos adoptaron esta moeda como propia en 1792 por iniciativa de Alexander Hamilton, Secretario do Tesouro, co nome de dollar.
Case o 605 das reservadas mundiais de divisas e unha parte importante do comercio internacional contabilízase en dólares. Moeda de prestixio e descalabros financeiros.

¿Deixádeme ser libre? Sí, pero...
Mensaje a los cabestros: "Así, no"
Pintada ‘sobre mojado’ en Compostela
Ensucian la imagen de un lugar turístico