El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Opinión » Firmas

{ universo diversx }

CRISTINA PALACIOS CASTRO

A revolución Trans*formadora

23.05.2017 
A- A+

NA Galiza tense iniciado unha pequena revolución duns nenxs que un día comezan a visibilizar unha realidade, as veces de maneira inconsciente, que ninguén se atrevía a nomear: a transexualidade infantil.
Vivimos nunha sociedade onde os modelos dominantes do que é a normalidade, capacidade, beleza a masculinidade/feminidade é inalcanzable para a maioría dos mortais, sobre todo para as persoas trans. As persoas trans e as súas vivencias tratan de desafíar esas normas sociais que consideramos exemplos a seguir, e que nos resistimos a cuestionar, modelos que coartan a vida destes nenxs.
Xs nenxs trans son probablemente a máxima expresión da Diversidade, de romper ca hexemonía dos homes de corpos correctos que lle gustan as mulleres, e das mulleres de corpos correctos que lle gustan os homes, de como unha persoa loita contra vento e marea o seu dereito a ser diferente. Non só son capaces de romper co “bioloxicamente establecido”, senón que loitan contra a incomprensión e o rexeitamento familiar, educativo, social e legal. E o fan porque entenden que por enriba das barreiras e prexuicios sociais, está o seu dereito a SER, a medrar sendo felices.
Xs que temos a sorte de convivir con estes valentes transgresores, resúltanos incrible asistir a este bochornoso espectáculo dun bus que vai espallando o odio e a transfobia, a negar a existencia dxs nenxs trans. Mais lamentable é que a organización que difunde todo isto está calificada de Utilidade Pública o que lles permite contar con suficientes ingresos para moverse por toda España. De feito, hai uns días estiveron en Compostela e a resposta social foi contundente e proporcionada ós seus pensamentos rancios propios do medievo.
Ó mesmo tempo que acontece isto, o colectivo trans e as familias de Arelas estamos a loitar por unha Lei Galega de Identidade de Xénero que lles otorgue xs nosxs fillxs, dereitos humáns básicos que calquera outra persoa ten, l­oitamos porque teñan unha vida­ digna. Así o entenden os partidos políticos da oposición, que veñen de rexistrar no Parlamento Galego o proxecto de Lei realizado dende o colectivo trans. Asumen, por tanto, que as leis que fan referencia a dereitos fundamentais de persoas, han de elaborarse de abaixo a arriba, contando en todo momento ca opinión e beneplácito dos colectivos directamente afectados.
Atopámonos así nun gran paradoxo na Galiza, xs que se unen a orgullosa revolución dxs nenxs trans e xs que queren voltar os tempos das cavernas, xs que entenden que a diversidade é a mellor maneira de concebir o mundo ou xs que queren silenciar e agochar a todo o que é diferente. Xs que queren avanzar nunha sociedade mais igualitaria e xs que negan dereitos as persoas diversas.
Xs nenxs trans existen e están, e as familias non permitiremos que volvan as oscuras gaiolas da tristeza infinita, loitaremos incansablemente porque poidan voar e lograr as súas Arelas. Úneste a nosa revolución para mudar a realidade?
Presidenta de Arelas, asociación de familias de menores trans de Galiza