Lunes 22.12.2008
Hemeroteca web
|
RSS

Entre unhas cousas e outras, entre os recentes pasamentos de Ramiro Fonte, Constantino García e Anxo Rei Ballesteros e esa necesidade cáseque compulsiva que temos de despedir ós que se van, honrándoos do xeito que a cadaquén lle estea dado, a mín este de escrebir no xornal, foron xurdindo outras sensacións e outras necesidades tales que provocaron reaccións como a que substentou o artigo de onte. Que non siga morrendo moita máis xente, non vaia ser que eu siga contando cousas.
Hai tempo, Xosé Manuel del Caño, a quen agora xa coñezo, chamóume por teléfono. Quería facerme unhas preguntas. Empezou e, ó longo de semanas, falando de vez en cando a través do teléfono durante horas, cunha teimosía propia dun fox-terrier que se metese na golpelleira, foi sacándome comentarios e anecdotas, feitos coñecidos e outros por coñecer que empezou a publicar no seu xornal, a razón dunha páxina semanal, coa sana intención de completar un ano enteiro.
Material tiña pra elo. E máis. Conste que tamén eu aínda teño cousas que contar e que sigo valendo máis polo que calo que polo que conto.
O caso é que, por unhas razóns e por outras, a cousa non pasou duns tres meses. Cesou a publicación da longa e fragmentada entrevista. Pero ninguén desmentíu nada. Como o Del Caño é teimudo e xa leva publicados varios libros de conversas, con gran éxito, todo hai que dicilo en honra súa, decideu que o millor sería facer outro máis incluindo nel o que non estaba previsto incluir nas entregas semanais. Compuñeu o libro e levouno á editorial que estimou idónea. Levóuno deseguida a outra. Agora está na terceira e, á terceira, foi a vencida. Vai ser "Ir Indo" quen tire do prelo o tal e libriño de conversas.
Acordéime del, logo de escribir o que lles contei onte e logo de rememorar moitas outras cousas que aínda quedan por contar.
Logo chamei ó Bieito Ledo. Díxenlle que se o libriño sae ben, ben pra el e pra Del Caño, xa me entenden, aínda podemos empezar a pensar en facer outro e seguir dándolle ós recordos e rebobinando historias. Cuestión de hixiene e de aseo persoal, non vaian pensar noutra cousa ningunha. Hai máis Xan Arias dos que parece polo país adiante e, sabendo deles, por diganose diferencial ou cousa semellante, saberemos dos que non son coma eles. E iso axudaranos a vivir moito millor que se o facemos sen identificalos.
ac@alfredoconde.es

Vómitos en el casco viejo santiagués
Fuente que no mana en Compostela
El río Sarela recibe vertidos blancos
Un cajero compostelano pintarrajeado