Lunes 22.12.2008
Hemeroteca web
|
RSS
P aco Martín escribiume alarmado e a cousa non era para menos. Acababa de morrer Xan Balboa, persoa intimamente unida ao personaxe que abriu novos camiños para a literatura galega, xa que foi el o que lle puxo cara a Ramón Lamote, profesor de chairego. Debuxante de soños por encarga coma o Lamote, mestre na arte da ilustración, Xan poñía todo o seu interese nos traballos que levaba entre mans e non entregaba unha obra súa ata que consideraba que tiña a calidade que el lle esixía a todo traballo ben feito. Moitas ilustracións leva rachado por non quedar conforme. Testemuña do seu bo facer son unha presa de libros ilustrados que puideron ser máis se a súa humildade non lle impedise aceptar novas encargas por temor a non estar á altura dos orixinais que lle entregaban.
A última vez que vin a Xan tiña que acompañar a Paco para presentar as novas aventuras de Ramón Lamote. Malia que estabamos en familia, non houbo quen o fixese falar en público. Mestre de ilustradores, creador dun estilo personalísimo, gustáballe pasar pola vida con pés de la. Os seus días non fixeron ruído. Como tantas, a morte veu tronzar un novo proxecto en colaboración co seu amigo Paco Martín, no que ambos estaban ilusionados.

Vómitos en el casco viejo santiagués
Fuente que no mana en Compostela
El río Sarela recibe vertidos blancos
Un cajero compostelano pintarrajeado