Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Martes 17.06.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión » Firmas

ALFREDO CONDE

os outros días

A deshumanización da arte

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

3.0/5 [7 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti

Escribir un libro sobre a vida nun barrio de putas, durante a primeira mitade do século pasado, poidera antollárselle un sórdido exercicio de nostalxia a máis de un. Nada máis lonxe da realidade. Nen sequera se ofrece cutre. Cando menos este que acabo de ler agora mesmo, logo de me facer con el a media mañá. As tres columnas é o seu título. Escribéuno Sabino Torres. Editóuno Galaxia. Lése deseguido.

Sendo como é unha evocación, tenra e tinguida de lirismo, do barrio pontevedrés da Moureira, dalgúns dos habituais do barrio, de non poucas das profisionais que os atendían nos seus locais con donosura e mimo, o libro é algo máis ca iso. Trátase do retrato, do retrato amable dun tempo e dunha cidade. Pero tamén das clases sociais que habitaban nela, dos costumes a través dos que se expresaban e dos distintos xeitos que tiñan de celebrar a vida. Os que a celebraban, claro; porque naquela Pontevedra de entón, de certo que tamén habitaban xentes que o que celebraban era a amargura de vivir.

Sabino Torres, editor daquela colección que se apropiou do nome de Benito Soto, o pirata pontevedrés, debíalle este libro á cidade de Pontevedra. Tamén lle debe o que trate de Pepe Hillo de Barrantes, pero seica xa o ten escrito. Ou tal crín entender eu non hai moito. En tal caso, de ser certo, haberá que celebralo. Libros así son algo máis, bastante máis, que as evocacións ou que os desafogos de xentes que viviron a bohemia e o disparate -cando menos se a valoración aplicada ó seu comportamento é a derivada dos cánones daquela impostos pola sociedade que se consideiraba a si mesma coma bempensante- senón que, moi polo contario, conforman un fresco impagable á hora de comprender a vida social na primeira mitade do s. XX nunha pequena cidade de provincias.

Non sería frívolo, non, nin moito menos, esperar unha colección que xunto con títulos novos, como pode ser o xa citado sobre Pepe Hillo, incluíse reedicións como as da serie de De mi viejo carnet que busquei durante máis de media hora pola miña biblioteca, pero que xa me imaxino ónde anda. Cos libros sucede como coa memoria, que se perden nos recovecos da vida como aquela adoita facelo nos da alma.

Dun deses recovecos rescata agora Sabino Torres a memoria das putas da Moureira, dos afáns que as moveron e as conmoveron, das paixóns que desataron ou dos amores que as estremeceron, a elas e a máis de un e de dous cidadáns conspicuos. Háille que agradecer o esforzo. No futuro, quen queira falar de cómo é o amor interesado nestes tempos que corremos, hase ter que limitar á contemplación das páxinas de anuncios por palabras nos xornais e se imaxinar o resto. Algúns chamaríanlle a isto a deshumanización da arte. Ó millor éo.

ac@alfredoconde.com

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS