Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Lunes 22.12.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión » Firmas

XOÁN ANTÓN PÉREZ LEMA

a pousada no camiño

Diálogo institucional e Lei de Caixas

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

2.5/5 [8 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti

No intre de escrebirmos este artigo as negociacións entre a Xunta e o Goberno do Estado atópanse en ponto morto. Parte da lei aprobada no Nadal está suspendida polo Tribunal Constitucional, por existiren determinadas discrepancias entre o recurso do Goberno do Estado e a lei aprobada por ampla maioría no noso Parlamento nacional. Discrepancias que de ningún xeito residen en motivos xurídicamente solventes de inconstitucionalidade, senón que son pretextos para usar dese in xusto privilexio que a Constitución recoñece aos recursos de inconstitucionalidade do Estado e nega aos das autonomías: a suspensión automática dos artigos recorridos durante polo menos 5 meses. Deste xeito, o Goberno ZP vulnera a vontade da representación da cidadanía galega, desprezando o noso autogoberno.

Claro é que, miren vostedes, a xestión do Goberno galego nesta xeira foilles manifestamente mellorábel. Na xénese e adopción da Lei, obxectivamente impecábel, amosábase pola beira da Xunta un certo prantexamento subxectivo "ad hominem" contra Julio Fdz. Gayoso, ¿seica por disentir da vontade e tempos marcados polo presidente da Xunta? En ningún intre proxectou a Xunta tranquilidade na área urbana de Vigo. A fusión tiña-tería- que crear unha Caixa "ex novo", con novos dirixentes e cos servizos centrais distribuídos entre A Coruña e Vigo, sen que supuxer o trunfo dunha cidade contra outra. Despois, xa na negociación, o conselleiro Rueda esqueceu a regra de ouro das relacións institucionais: as negociacións non se retransmiten en directo se un pretende que lle saian ben. E, o que é máis grave, negociáronse os pontos de discrepancia co Goberno central sen contar cos grupos parlamentares do BNG e PSdeG, a pesares de precisarmos para calquera caste de acordo unha reforma lexislativa a se aprobar no noso Parlamento. Por outra banda, a Xunta non equilibrou a súa desigualdade negociadora a medio da urxente presentación dun recurso de inconstitucionalidade contra a normativa do Fondo de Reordenamento Bancario (FROB), que vulnera directamente as nosas competencias autonómicas. E cómpre lembrar que o prazo para facelo remata xa o 21 do mes que andamos.

O PP e o PSOE de Madrid manifestaron (remítome ao declarado por Elena Salgado, MA Fdz. Ordóñez ou Cristóbal Montoro) o seu pleno acordo a respecto do futuro das Caixas: cren no desapoderamento das competencias da Xunta e do noso Parlamento, no desarraigo das Caixas a respecto do territorio, na súa bancarización e, xa que logo, supresión da súa identidade galega, social e fundacional.

Xa que logo, entramos nunha fase moi complexa e perigosa. Os actores políticos e sociais galegos han xogar coordinadamente se queremos salvar, non só a galeguidade das nosas caixas, senón o seu vencello coa orixe fundacional e social que predica a Lei galega. Porque, como xa escrebiu un ilustre xornalista galego, Galicia pode ficar sen Caixas sen recebir nada en troques.

*AVOGADO

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS