Lunes 22.12.2008
Hemeroteca web
|
RSS

Xa pasaron días e xa houbo tempo pra reflexionar sobre as valoracións de George Steiner encol da nosa literatura. Axudou non pouco a elo a que lle montaron na Gran Bretaña ó ilustre profesor a propósito do racismo que algúns creron ou quixeron ver nas súas palabras e a imposibilidade de comprensión de non poucos cidadáns incapaces de non ler sesgado. Steiner dixo algo así como que lle preguntaran se era racista logo de que unha familia xamaicana se viñera vivir ó seu caron e se pasara o día escoitando música e montando bulla, a ver se daquela lle xurdía ou non o racismo. Seguro que se esa familia xamaicana fose de flemáticos profesores de física cuántica, contratados en Oxford, formase un cuarteto de música de cámara que interpretase a Mozart os venres pola noitiña, o racismo non lle aboiaría. Ó millor o racismo sí aboia en quen non é capaz de imaxinar que os xamaicanos non só tocan reagge e corren coma lebres, senón que tamén poden ser mestres nas distintas disciplinas científicas. Pero así está o mundo e así somos os humanos.
Querería dicir Steiner que o sistema literario no que se construe a Literatura Galega, a diferencia do catalán, que camiña moito máis campante e rufo, está estragadiño e díriase que esgotadiño e canso? É difícil crer que precisara tanto, a verdade. O que dixo foi o que dixo, que a literatura catalá era máis imoportante que a nosa; ó parecer algo máis despreciable se un atende á literalidade das súas palabras. Pero?está estragadiño ou non o está? E si o está, qué consecuencias se poden e deberán tirar delo? Velaí as cuestións que a paixón e o amor pola nosa literatura propia non nos deben impedir valorar na súa integridade. Malia que nos doa como efectivamente nos doe. Vaia que si, que doe. Pero con todo e con toda a dor do mundo convén que nos formulemos algunhas preguntas, poucas que xa non queda tempo.
Nos pasados vintecinco anos, ónde están as grandes obras literarias equiparables ás producidas nos inmediatamente anteriores en circunstancias moito máis adversas, ónde os falantes e ónde os lectores? Cómo se pode completar o ciclo dunha gran literatura se o sistema literario, no que esta se debe asentar e construir, non é quen de dixerir debidamente, nunha ducea de anos, os dous millóns e medio de exemplares que xacían nas naves da Xunta abandoados de toda esperanza de ir cair nas mans dos dous millóns e medio de habitantes do país sospeitosos de poder lelos? Que sexa así, de quen é responsabilidade e que pode significar que esta situac ión coincida cun periodo como non houbo outro en toda a nosa historia? Nunca como agora se dispuñeu de tanto instrumento pra sentar o noso sistema literario e sen embargo nunca e proporcionalmente pior que agora se estivo.
ac@alfredoconde.com

Vómitos en el casco viejo santiagués
Fuente que no mana en Compostela
El río Sarela recibe vertidos blancos
Un cajero compostelano pintarrajeado