Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Lunes 22.12.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Opinión » Firmas

ALFREDO CONDE

os outros días

A expresión correcta

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

3.3/5 [21 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti

Sigo en Roma e, pesie a elo, do único que se me ocorre escribirlles é de cando os máis dos galegos eran ágrafos na nosa lingoa. Digo eran porque aínda conservo as cartas que eu lles escribía ós meus pais dende o internado ourensán no que me atopaba e no que, non sei por qué, me deu en soñar hoxe pola noite. Esas cartas tamén as escribía en galego, coa ortografía propia daqueles tempos, a que se locía nas edicións que fixera Aguilar das obras completas de Rosalía. Ónde vai a data, mi madriña!

Dende entón moito choveu e moi branca loce xa a miña barba. O abondo pra ter visto algunhas cousas. Hai uns días, onte ou antonte, escribín estúrdiga, por áspera. Ninguén se molestou. Tivo que vir un poeta pra poder facer de novo certa esa palabra. Utilizóuna no título dun seu volume de versos e aí está. Estúrdiga materia. Levan os lingüistas anos intentando o grazas e nin flores. A pregunta é por qué. Pero aínda hai máis.

Daquela cando era ágrafa a máis da xente, moi poucos sabían que as letras eran masculinas, o 'a', o 'b'? e así ata chegar ó 'q' e se rir a cachón co moi ocorrente chiste do parvuliño que lle di ó pai que a mestra xa lle aprendeu o ene e mailo pe lle e agora vai ensinarlle o cú ó volver a clase. Ghe, ghe, ghe. Daquela sí sabía a xente que as froiteiras son femininas e que tamén o son as pontes que montan sobre os ríos que, en troques, son e seguen sendo masculinos. Ghe, ghe, ghe.

Entón ó 'g' diciamoslle ó ghe. Dende entón, xa lle dixemos o 'ghe', o 'ga' e agora lle dicimos o 'gue'. Por poñer casos, o BNG. Dixoselle o beneghe, logo o benegá e agora o benegue. Pra que non digan, digamos a TVG; ou sexa, teveghe, tevega e agora tevegue. Chegarei a poder morrer sabendo cál é a expresión correcta? Témome que non.

Falando esoutro día en Ostana ocorréuseme dicir que as linguas non són nunca nemigas doutras linguas, agás cando se instrumentalizan políticamente. Sexamos xustos. Cando se instrumentalizan como arma de dominación. Tamén de oposición e resistenza. Políticamente. Pero quedóuseme algo na caixa das memorias e vai ser millor, millor non pra mín, pero si prá miña tranquilidade persoal que o diga. Tamén cando os lingüistas se apropian delas e dan en lles aportar as ocurrencias que a xente lles perdoa ós poetas, pero non admite cando veñen deles. Porque a tolean. É tempo de que, creadas as necesarias normas de partida, a lingua lle sexa devolta á xente e ós poetas, retirada ós políticos e de xeito que os lingüistas a vixien, pero non a establezan. A ver se así a xente é a que o fai e decide se ghe, gue ou ga; que xa vai sendo moito hora de sabelo.

ac@alfredoconde.es

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS